O PP vota en contra de dotar de máis recursos o centro de saúde de Soutomaior

Centro de saúde de Soutomaior. Foto: Javier González.
Centro de saúde de Soutomaior. Foto: Javier González.

Montse Prado: “Non poden agochar a realidade nin o maltrato asistencial que soportan os veciños e veciñas deste concello de 7.500 habitantes”

A petición do BNG de dotar de máis medios sanitarios ao Concello de Soutomaior volveu toparse co veto do PP no Parlamento, onde a portavoz de Sanidade Montse Prado, defendeu incrementar o persoal que atende no centro de saúde do municipio para dotalo de máis médic@s, enfermeir@s, auxiliares, e pediatras, para reclamar que se cubran as baixas, e dar resposta as demandas do goberno local e da veciñanza.

“Estamos falando de 7.500 habitantes, e aínda que o PP pretenda minimizar e agochar esta situación, vimos como neste nadal se deron situacións de caos e colapso no PAC do concello, e hai tempo que a veciñanza vive esta precariedade derivada das medidas do PP, que ten afogada á sanidade pública coa súa política de acoso e derribo, de tal xeito que as listas de espera chegan incluso á atención primaria”, explicou a portavoz parlamentaria de Sanidade.

A reclamación do BNG para dotar de máis recursos sanitarios a Soutomaior ven de vello, con iniciativas parlamentarias desde 2016, “pero onte mesmo neste concello seguían sen pediatra pese a ser un municipio con moitos nenos e cun crecemento vexetativo positivo, algo pouco frecuente en Galiza, pero o servizo de pediatría desaparece durante días”. A falta de persoal facultativo afecta aos usuarios e usuarias, porque teñen os e as facultativas teñen os cupos desbordados, o que fai que obriga  a moitos veciños e veciñas a desprazarse aos concellos limítrofes.

“É unha situación insostible que só se soluciona con máis persoal facultativo ata, polo menos, poder completar catro xornadas de atención, pero o SERGAS nin sequera cubre as baixas dos profesionais”, indicou Prado, quen recalcou que tivo que volver a traer a iniciativa ao Parlamento debido a “desidia e aos vetos do PP”. Pese ao novo voto en contra do PP, o Bloque seguirá facendo de voz desta reclamación: “Non facer nada non é unha opción, porque se está maltratando aos profesionais que traballan no PAC de Soutomaior e se está maltratando aos veciños e veciñas deste municipio”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG