O PP tumba a iniciativa do BNG para respectar os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas na RTVE

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil defendeu unha Proposición non de lei instando á Xunta a demandar da Corporacións da RTVE o cumprimento da lei respectando  a presenza da lingua galega nas declaracións persoais e subtitulándoas cando as emisións se dirixan ao conxunto do Estado

Santiago de Compostela, 22 de setembro, 2017. A deputada do BNG, Olalla Rodil lamentou que o grupo parlamentario do Partido popular rexeitara a proposición non de  lei, defendida  hoxe na comisión 1ª Institucional e de Administración Xeral,  destinada a cumprir a lei e respectar os dereitos lingüísticos de todos os galegos e galegas.

A deputada reclamaba na iniciativa instar á Xunta de Galiza a dirixirse formalmente á Corporación de RTVE e lembrarlle as súas obrigas legais para que nas desconexións territoriais e nos informativos estatais se garanta a presenza do idioma galego nas declaracións persoais recollidas nas informacións  e subtitular en lingua galega as emisións que se dirixan ao conxunto do Estado.

Rodil lembrou que o propio Manual de Estilo da CRTVE sinala como “principal mecanismo para garantir o respecto da pluralidade e diversidade cultural e lingüística o subtitulado das intervencións que se produzan en calquera outro idioma distinto ao castelán”. 

Por outra parte, a nacionalista tamén pediu explicacións polo recorte do 75% dos fondos da CRTVE para produción de cinema e series en lingua galega entre os anos 2012 e 2015 e as cifras correspondentes ao investimento nos anos 2016-2017.

Olalla Rodil cualificou de “labazada” a todos os galegos e galegas  a resposta da portavoz popular, Raquel Arias quen afirmou que o Parlamento non ten competencias para defender os dereitos lingüísticos do pobo galego diante de calquera institución española ou doutro  tipo

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG