Ana Pontón: "O PP sigue agraviando a Galiza coa AP-9"

Obras de ampliación en Rande (Foto: CIG)
Obras de ampliación en Rande (Foto: CIG)
Ana Pontón: "O PP sigue agraviando a Galiza coa AP-9"

A portavoz do BNG manifestou que “Feixóo debe ter a valentía de reclamarlle con firmeza a Raxoi a transferencia da AP-9” e anunciou que o BNG volverá a pedir no Parlamento galego “o rescate e a súa  transferencia”.

Por outra banda, cualificou de “chapuza” as  obras de ampliación da ponte de Rande e de “estafa” as peaxes “abusivas” que pagamos 20.000 galegos e galegas tendo en conta, dixo, que en Galiza temos os soldos máis baixos.

“Raxoi debe levantar o veto á transferencia” e rematar coas peaxes, pero non o fai porque conta “coa complicidade de Feixóo”, denunciou  a portavoz do BNG.

Neste sentido, engadiu que o veto á transferencia da AP-9 e ás peaxes son “un agravio” a Galiza e agora sabemos que xa foron rescatadas no Estado cinco autoestradas ruinosas e catro seguen pendentes de rescate.

Pontón lembrou que hoxe Raxoi visita Galiza e Feixóo debería aproveitar para volver a reclamarlle a transferencia da AP-9, os galegos e galegas, explicou,  “non merecemos este maltrato” e dende o BNG seguiremos demandando o rescate e transferencia desta infraestrutura.