Parlamento Europeo

PP e PSOE presionan para que a Eurocámara evite o debate das denuncias presentadas polas vítimas do Alvia

Ana Miranda coa asociación de Vítimas do Alvia

O BNG denuncia presións do PP e do PSOE no Parlamento europeo para adiar o debate das dúas reclamacións presentadas na Comisión de Peticións da Eurocámara pola Asociación de Vítimas do Alvia 04155, en relación ao accidente de Angrois e a como se levaron a cabo as investigacións así como o papel xogado pola Administración, en concreto o Ministerio de Fomento e ADIF.

Neste sentido, a portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, reclama á dita comisión, -na que calquera persoa ou colectivo dos estados membros poden presentar unha reclamación para o seu debate-, que aborde xa as denuncias presentadas toda vez que están amplamente superados os procesos electorais celebrados o 25S.

“Hai que lembrar que a Comisión decidiu que o debate se pospoñía ata pasadas as eleccións galegas”, indica Miranda, quen pide que se atenda as dúas denuncias presentadas, “sobre todo tras coñecerse en xullo o informe da Axencia Ferroviaria Europea, que demandaba reabrir o caso tras ditaminar que non existiu unha investigación independente do accidente”.

A Comisión de Peticións, a través da súa presidenta, Cecilia Wikström, anticipou que o debate quedaba para o mes de outubro, “que como vemos está a punto de concluír sen que figure na orde do día da comisión”, indicou Miranda, queN considera que PP e PSOE “continúan facendo presión e non queren que se debata nen en outubro nen en novembro”, denuncia. Tamén no Parlamento galego, ambas forzas políticas se opuxeron reiteradamente á creación dunha comisión de investigación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG