O PP impide a comparecencia de Feijóo para explicar a vaga de incendios

Ana Pontón

 


 

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón acusou ao presidente  de “falta de respecto a todos os galegos e galegas por non dar a cara    e  aplicar políticas que favorecen a vaga de lumes”

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón afirmou hoxe  na Deputación permanente, convocada  ante a vaga de incendios, que a “ausencia” de Núñez Feijóo, membro deste órgano, constata a falta de “respecto a todos os galegos e galegas” e reprochou ao goberno de aplicar políticas e un modelo forestal que favorece os incendios.

Para a nacionalista, a intervención do portavoz popular, Pedro Puy descualifica ao Parlamento e a propia Deputación permanente que polo feito de estar en período electoral carece de funcións cando en realidade, explicou, é necesario que o Presidente da Xunta tivera  “humildade” de vir ao Parlamento galego  a comparecer por un asunto que é unha das grandes preocupacións.

Feijóo, dixo, unha vez máis esconde a súa responsabilidade por aplicar estes anos políticas que “favorecen a vaga de lumes”  e ao final “os recortes, recortes e a privatización, privatización” ten consecuencias: o servizo de extincións de incendios “está tocado” e moitas persoas sentíronse soas cando o lume pasaba por diante da porta das súas casas.

Feijóo sempre se esconde, reiterou Ana Pontón,  e prefire non dar a cara ante os galegos e galegas e os representantes do noso país. Dende o BNG non queremos mirar onde vai peor pero vostedes xustifican que en Galiza as cousas van ben porque hai lugares noss que están peor e non entendemos como tendo o 50% dos lumes do Estado español e un dos territorios da Unión europea onde máis arde seguen mantendo  que a política forestal  nada ten que ver con esta situación.

Hoxe, recalcou a nacionalista “era importante que Feijóo estivera aquí ou que se aceptara a súa comparecencia para explicar as razóns polas que foi desmantelada a Unidade do Servizo de Extinción, porqué foron reducidas as franxas para as vivendas e vías públicas, porqué se reduciron os servizos de prevención ou porqué o Partido popular continúa cun modelo forestal ao servizo dunha transnacional como é ENCE”.

A min preocúpame que o Partido popular siga dicindo que todo vai ben e mesmo hai uns meses, neste mesmo Parlamento, afirmara coa publicación do PLADIGA que no ano 2016 os incendios se reducirían nun 8%, concluíu.  

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG