Parlamento Galego

O PP en contra do plan de mobilidade do BNG para frear as altas cifras de sinistralidade nas estradas

29838283133_9892013dc9_k
Luís Bará
  • O deputado do BNG, Luís Bará defendeu hoxe unha Proposición non de lei destinada a cambiar o modelo de mobilidade para frear as elevadas cifras de sinistralidade e vítimas nas estadas galegas. O grupo maioritario do Partido popular impediu que prospera  a iniciativa nacionalista

O deputado do BNG, Luís Bará reclamou hoxe, na Comisión de Ordenación do Territorio, a través dunha proposición non de lei, “mudar o modelo de mobilidade co fin de facer fronte ás elevadas cifras de vítimas nas estradas galegas”.Ademais, o nacionalista tamén instou á Xunta para reclamar a transferencia das competencias en materia de Tráfico e seguranza viaria,elaborar un plan sectorial de mobilidade sustentable e de seguranza priorizando os sectores máis vulnerables entre o que destacou a peóns, ciclistas, transporte público e vehículo privado.

Na súa intervención, Bará defendeu potenciar a boa conservación do patrimonio viario con rozas e limpeza de cunetas, mellorar o firme das estradas, así como a iluminación, balizamento e sinalización.

Para o deputado  é fundamental prestar especial atención aos tramos de concentración de accidentes fomentando medidas de “calmado de tráfico” e crear nos proxectos de re-urbanización un “espazo peonil continuo de seguridade”, acompañado de  beirarrúas de rasantes continuas, un largo mínimo de 2,50 metros e criterios de accesibilidade universal.

A violencia viaria provoca mortes, ferid@s e moito sufrimento

O parlamentario do BNG explicou que sobre mobilidade existe un certo consenso, tanto na administración como na política pero  pensamos que isto sucede “no plano teórico” porque   na realidade existen distintos “modelos para loitar contra a violencia viaria”.

Luís Bará insistiu na necesidade de implementar políticas sobre o espazo público e o seu uso  e sobre todo,  á hora de construír ou reformar as estradas porque, dixo, incide na calidade de vida, na saúde e seguranza das persoas e o seu “dereito a vivir en contornas e ambientes seguros e cómodos”.

No ano 2015 rexistráronse 1.688 persoas mortas na rede viaria estatal, 9.503 feridos e feridas e no 2013, 68.155 feridas no conxunto de accidentes en Galiza.  A situación, subliñou Bará  é preocupante porque nos últimos 9 meses incrementáronse nun 17% os accidentes con vítimas mortais e soportamos excesivos custes “económicos, sociais e humanos” derivados desta situación que eleva a cifra a mil M€ polo que volveu reclamar medidas efectivas para frear o alto índice de sinistralidade

Os votos en contra do grupo parlamentario do Partido popular impediron que a iniciativa nacionalista prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG