Podemos estar ante unha segunda estafa das preferentes

Rolda de prensa BNG-CIG
Rolda de prensa BNG-CIG
  • O BNG comprométese cos representantes da CIG-Banca a levar ao Parlamento iniciativas para protexer aos usuarios e usuarias

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, xunto as deputadas, Montse Prado e Noa Presas mantiveron un encontro con representantes de CIG-BANCA ante o risco da posta en marcha de novos produtos financeiros tóxicos.

Ante os medios de comunicación, a portavoz nacionalista advertiu que “podemos estar ante unha segunda estafa das preferentes e outros produtos financeiros prexudiciais para os consumidores e consumidoras”. Dende o BNG, dixo, “temos un compromiso para que se tomen todas as medidas necesarias de protección” porque, a pesar da normativa comunitaria “existe unha grande indefensión” d@S clientes de entidades bancarias.

Por outro parte, Pontón criticou que a Xunta e o Goberno central “miran para outro lado” antepoñendo os intereses da banca aos intereses das persoas que temos  aforros nunha entidade bancaria. Nestes sentido, engadiu, “asumimos o compromiso de trasladar ao Parlamento galego propostas para evitar unha estafa como a que  vivimos coas preferentes”.

Ana Pontón considerou que calquera galego ou galega debe contar con “información e amparo” fronte á banca polo que anunciou que o BNG reclamará “unha regulación máis estrita” dos produtos financeiros que se venden a minoristas. Coa baixada dos xuros, explicou Pontón, a banca está actuando para non perder beneficios a través de produtos financeiros con “graves riscos” e nalgúns casos sen amparo por parte do Fondo de garantías.

Oficina de información para os e as consumidoras

A portavoz parlamentaria tamén anunciou que o BNG reclamará “oficinas especializadas de atención aos clientes da banca” para actuar preventivamente ou protexelos ante abusos. Nós, recalcou tamén compartimos coa CIG-BANCA que a Xunta solicite ter presenza na Comisión consultiva CNMV como sucede co Goberno vasco e catalán.

CIG-BANCA

Pola súa parte, o secretario nacional, Clodomiro Montero avanzou que a  campaña  da CIG-Banca que reclama protección ante a venda de produtos tóxicos será trasladada, ademais da Cámara galega, ao Congreso e Parlamento europeo.

O responsable de CIG-Banca demandou do poder político medidas para frear o que está a acontecer no sistema financeiro e lembrou   a experiencia recente  da “mala praxe comercial de preferentes, cláusulas chan, waps, valores...”.

Montero explicou que a CNMV non aplicou as normativas europeas de protección de usuarios, máis ben todo o contrario, o seu labor foi de “protección e submisión á gran banca”.

Na actualidade, dixo,  os clásico depósitos dos pequenos aforradores teñan unha rendibilidade  moi baixa e resulta a  clientela máis proclive a derivar eses aforros cara produtos tóxicos. Por outro lado, Clodomiro Montero denuncio “as políticas agresivas dos Bancos cos traballadores” co fin de colocar esa clase de produtos.

Para o responsable da CIG-Banca, a Comisión nacional de Valores debe ser máis estrita á hora de valorar os produtos financeiros e reiterou que son os traballadores e traballadoras da banca os que están obrigados a colocalos en entidades financeiras, algunhas con expedientes de regulación de emprego. Estamos pois, “ante unha nova tormenta perfecta” como sucedeu coas preferentes, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG