O Parlamento a aproba a proposta do BNG para reclamar que o Estado financie o 50% a Lei de Dependencia

Montse Prado
Montse Prado

A moción do BNG tamén esixía o pago de 150 millóns de euros que o Estado debe a Galiza por recortes acumulados   

O Parlamento a aproba a proposta do BNG para reclamar que o Estado financie o 50% a Lei de Dependencia

A deputada do BNG, Montse Prado acadou o apoio de dous  puntos da moción sobre dependencia relativos ao cumprimento, por parte do Estado do “financiamento acordado do 50% dos gastos de atención á dependencia” e instar á Xunta a realizar todas as accións necesarias  para garantir unha rede pública cos recursos que as persoas en situación de dependencia precisan, e garantir a equidade no acceso, nomeadamente residencias, axuda no fogar e centros de día”.

A moción defendida pola deputada nacionalista tamén reclamaba o pago de  150 millóns de euros que o Estado debe a Galiza en materia de dependencia, dimensionar o cadro de persoal da consellería de Política Social para eliminar as demoras no rexistro de solicitudes de dependencia  e incrementar o gasto público para chegar como mínimo ao gasto medio por persoa do Estado. Ningún destes puntos foron aceptados polo Partido popular.

Na súa intervención, Montse Prado explicou  que en Galiza 17.393 persoas recoñecidas como dependentes “non reciben a prestación á que teñen dereito por lei, representando  un 26,7% das 66.552 persoas dependentes recoñecidas ás que hai que engadir 12.000 solicitudes que aínda non foron avaliadas.

Prado remarcou  que os recortes en dependencia suman 151,8 M€, e  que a contía da prestación por dependente é de 6.041 € anuais fronte aos 6.833 da media estatal nun país que ten unha das poboacións máis envellecidas de todo o Estado, cun 24,6% da poboación por riba dos 65 anos e un 8,7% por riba dos 80 anos, 237.237 en cifras absolutas segundo os últimos datos do Ditame do Observatorio da Lei39/2006.

A deputada tamén chamou a atención sobre o feito de que a Xunta presuma de aumentar o número de persoas beneficiadas pola Lei de dependencia, pero “agochando que tipo de axudas reciben”.

“Seguen a ser miles os galegos e galegas grandes dependentes que non están a recibir axudas, mentres maquillan os datos incorporando persoas con dependencia moderada que reciben prestacións de baixo coste”.

Finalmente, a  parlamentaria lembrou que na interpelación ao conselleiro Almuíña, formulada na anterior sesión plenaria, o titular de sanidade  non respondeu ás preguntas formuladas polo BNG sobre o retraso nas avaliacións e materialización  de prestacións e alertou das conclusións do último informe sobre a pobreza do ano 2017 cun 26,8% de persoas afectadas. No ano 2016, recalcou a nacionalista, “máis de 180.000 persoas viviron con menos de catro mil euros ao ano sendo as mulleres, a infancia, a mocidade e as persoas maiores de 65 anos os colectivos máis afectados”.