Que nos devolvan o roubado, o Pazo de Meirás é do pobo!

Na comparecencia ante os medios de comunicación, o parlamentario nacionalista tamén esixiu da Xunta “unha resposta contundente” sobre o Pazo de Meirás e a utilización da Fundación Franco dun espazo que debe volver a ser público, propiedade do pobo galego e non  da familia do ditador.

Bará que onte participou na toma simbólica que o BNG fixo do Pazo de Meirás reiterou  que os gobernos do PP e a Xunta de Galiza manteñen unha actitude “tolerante e conivente” coa familia Franco, a Fundación e a situación do Pazo  que cualificou de “anómala” e que descobre as “vergoñas da Transición”, o roubo, espolio e grande corrupción que está detrás da súa expropiación aos propietarios. O deputado explicou que a familia Franco conta con privilexios e títulos nobiliarios  concedidos polo Rei Juan Carlos I o 26 de novembro de 1975, seis días despois da morte do ditador. Ese día, concedese con carácter vitalicio o Señorío de Meirás a Carmen Polo e a pesar de ser vitalicio foi reclamado polo neto de Franco e posteriormente o título segue en posesión da neta.

Por “decencia democrática e dignidade”, manifestou o nacionalista, temos que extirpar do noso país “ese refugallo do pasado” que estamos a vivir coa familia Franco e  con Meirás. Dende o BNG queremos establecer ao redor de Meirás “un cordón sanitario, democrático, antifascista” e esiximos ao Partido popular que rompa con esa posición de “ambigüidade” e que diga de que lado está, “do lado da democracia ou do lado da complicidade co franquismo”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG