Galegas 2016

Noa Presas “As políticas do PP cara o monte levan á privatización e ao abandono"

Parderrubias
Parderrubias
  • O BNG demostrou no bipartito que é posíbel outro modelo forestal, sostíbel e de aproveitamento para a veciñanza

Noa Presas, número 1 da candidatura do BNG ás eleccións do Parlamento, Tereixa Paz, exdeputada e Xosé Rodríguez, candidato da comarca de Celanova e ex delegado de Medio Rural durante o bipartito coñeceron a situación actual e necesidades das Comunidades de Montes na súa visita á Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Parderrubias (A Merca) acompañados do seu presidente e de comuneiros. 

Presas afirmou que “para o BNG é fundamental un cambio de modelo forestal que retome os avances conseguidos no bipartito. Unha ordenación do monte racional ten contrastadas vantaxes económicas, laborais e medio ambientais para os veciños e veciñas e foi a aposta do bipartito. As políticas do PP cara o monte levan á privatización e ao abandono, o BNG demostrou no bipartito que é posíbel outro modelo, sostíbel e de aproveitamento para a veciñanza. Os pasos atrás do PP, nomeadamente a fiscalidade do monte e a aprobación dunha lei de montes pensada ás costas do sector levan á privatización e o desmantelamento”.

“Ourense precisa de políticas para un cambio estrutural que poña fin a anos de políticas parche de gobernos centralistas do PP que non teñen en conta as especificidades do nosos montes. Este modelo de organización en man común ocupa un terzo do territorio de Galiza e só existe aquí e no norte de Portugal, que sentido ten pretender aplicar as mesmas políticas que no estado?” insistiu a candidata.

Nestes días vimos numerosos incendios na provincia e as políticas que inducen ao abandono do monte constitúen un gran depósito de combustíbel e un perigo constante. Tal e como advertiu Tereixa Paz no Parlamento, a día de hoxe Galiza non esta preparada para facer fronte á temporada de máximo risco de incendios e para Ourense queda o peor mes.  A improvisación foi a liña de traballo da consellaría de medio rural e agora vemos as consecuencias. 

Os candidatos ratificaron que “O BNG comprométese a traballar no Parlamento por na aposta por un monte multifuncional, compatibilizando os usos produtivos directos con aproveitamentos complementarios, unha nova fiscalidade especifica e por mudar a política da extinción de incendios pola de prevención e xestión racional da biomasa, con medios públicos e estables e profesionalizados.” 

Posterioremente, Presas desprazouse a Allariz para continuar coa xeira de reunións por comarcas que está facendo a organización no marco da preparación e difusión das alternativas de cara ás eleccións do 25 de setembro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG