Parlamento Galego

Noa Presas pide a economía que defenda ás persoas afectadas polas cláusulas chan

Noa Presas
Noa Presas
  • A nacionalista propuxo ao Goberno galego   habilitar unha arbitraxe como aconteceu coas preferentes e obrigar á banca a facilitar o proceso da devolución “en efectivo” das cantidades indebidamente cobrada polas cláusulas chan

A deputada do BNG, Noa Presas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre que medidas ten previstas para resolver a devolución das cantidade indebidamente cobradas polas cláusulas chan.

A parlamentaria que cualificou de “decreto palla” o publicado recentemente polo goberno do Estado reclamou da Consellería de Economía un compromiso para as máis de 200.000 persoas afectadas polo cobro indebido das cláusulas chan e propuxo establecer , dende o Instituto galego de Consumo, as condicións necesarias para unha arbitraxe semellante á das preferentes.

A deputada reiterou o rexeitamento do BNG aos  abusos bancarios e despois da sentencia de Europa, dixo, ás persoas estafadas deben contar “cunha cobertura rigorosa”. Noa Presas  lembrou que no conflito das preferentes “a arbitraxe funcionou” polo que preguntou porqué este modelo non se pon agora en marcha.

Co decreto do goberno do Estado non se habilita, nin se crea, nin se concerta coas comunidades con competencia na materia a “implantación real de mediación”. Nós, recalcou, valoramos a xestión do Instituto Galego de Consumo en cuestións que afectan ás persoas consumidoras pero tamén consideramos que hai que ter máis ambición e ir a “un marco” máis amplo  para  que sexa a propia banca quen propoña os acordos e xestione o proceso de devolución “en efectivo” das cantidades indebidamente cobradas polas cláusulas chan.

A parlamentaria reiterou a necesidade de habilitar un mecanismo que facilite o proceso de devolución das cláusulas chan e fiscalizar a oferta de novos produtos financeiros por parte da Banca.

Pola súa parte, o conselleiro de Economía, Francisco Conde respondeu á deputada nacionalista que o Instituto Galego de Consumo está traballando para facilitar o proceso da devolución das cláusulas chan e que os bancos teñen uns prazos para responder aos afectados e afectadas por este cobro indebido.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG