Noa Presas pide cambios no deseño da Comisión de Estudo de Reformas de Política Forestal

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas defendeu mudar o obxecto de estudo da Comisión para análizar e investigar a vaga de lumes do mes de outubro, remitir as conclusións ao ministerios fiscal e depurar responsabilidades políticas

Lamentou que ningunha das emendas defendidas polo BNG, para mudar o deseño da comisión,  fora aceptada polo Partido popular  

Noa Presas pide cambios no deseño da Comisión de Estudo de Reformas de Política Forestal

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe na comisión de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais mudar o obxecto da comisión para que o estudo, análise e investigación sexa sobre a vaga de lumes en Galiza no mes de outubro de 2017.

Ademais, as emendas do BNG reclaman a publicación do ditame final da comisión no Boletín Oficial do Parlamento de Galiza, remitir as conclusións ao Ministerio Fiscal para o exercicio das accións oportunas e depurar todas as responsabilidades políticas que houber.

Por outra banda, a nacionalista reclamou  abordar os cambios necesarios no “deseño, coordinación e funcionamento dos servizos de emerxencias. Cambios "necesarios" no   deseño, coordinación y funcionamento destes servizos

Xa na defensa das emendas, Presas pediu que a comisión remate o estudo no “primeiro trimestre do ano 2018” para non estender de maneira ilimitada no tempo, dixo,  as conclusións e non repetir “vellos erros” como aconteceu coa comisión das  caixas de aforros. Temos, polo tanto que marcar “unha baliza temporal” para procurar a eficacia da comisión de estudo.

Por outro lado, defendeu mudar  as votacións por “maioría simple” pola de 2/3 co fin de chegar a consensos a través dunha “maioría cualificada e non simple”. Isto facilitaría, dixo, a presenza de todos os grupos nas votacións das conclusións. Tamén propuxo, en aras de buscar un maior contido ás comparecencias, facilitar  as respostas de maneira individualizada das persoas que interveñan,  aos grupos que preguntan.

A parlamentaria lamentou que ningunha das propostas do BNG prosperan, a pesar dixo, de que nesta ocasión as normas aprobadas deben buscar o consenso e que a comisión de estudo tire as conclusións que nos permitan avanzar.