Noa Presas cualifica de “depredadora” a lei de iniciativas empresariais e pide a súa retirada

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas denuncia que a lei servirá de “salvoconduto” para a permanencia de  ENCE, legalizar o campo de golf de Baiona, construír a grande superficie comercial de porto Cabral e explotar a mina de Touro

Tras lembrar os espantosos incendios que  afectan as catro provincias galegas, e de maneira dramática a de  Ourense e o sur de Pontevedra, cuestionou que o Parlamento galego mantivera a orde do día do pleno cando un número importante de  concellos seguen apagando luns. “Resúltame difícil estar hoxe aquí con normalidade  debatendo a lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza despois de días de grande preocupación e de ter alertado hai  máis dunha semana das consecuencias dos lumes que se estaban a producir  en Ourense”.

Resulta “inaudita” a ausencia do presidente do goberno  nesta sesión pero aínda máis que non dea a cara e compareza na Cámara galega para explicar a grave situación xerada polos incendios en todo o país.

LEI DEPREDADORA CONTRARIA A IMPULSAR O TECIDO INDUSTRIAL GALEGO

No debate para a tramitación da lei de iniciativas empresariais, Noa Presas tildou o texto de “lei da depredación” que non conta nin  co apoio da oposición nin da sociedade. É unha lei que incide na “desregulación, arbitrariedade, desequilibrio territorial, boicot aos montes comunais, desprotección ambiental, redución doa  participación pública, baleirado competencial, afasta aos concellos, veciñanzas e colectivos desvinculando á sociedade da custodia dos territorios, afonda na incineración, abre a porta a biomasa non tradicional e  privilexia a eucaliptización”.

Esta lei, engadiu, é “un auténtico cóctel molotov” que camiña na dirección contraria da que precisamos en Galiza  polo que pediu a súa retirada e abrir un novo  debate e lembrou que o Partido popular perdeu varias ocasións para acadar o “consenso” para o  tecido económico, industrial e forestal. Presas lamentou que, unha vez máis, o Partido popular siga enrocado e non estea disposto a mover un ápice a súa postura sobre unha lei que “prexudicará gravemente” ao noso país nos ámbitos da enerxía eólica, minería, protección da natureza, auga, montes e solo.

Neste procedemento “Express parlamentario”, explicou a deputada,  o PP introduciu máis artigos e modificacións como a lei de minas da que dixo, é do ano 73, unha lei franquista que logo foi modificada en Galiza no ano 2008.

A nacionalista insistiu na retirada da lei e acosou aos populares  de “vender un proceso dialogado que non existiu” e  que esta ameza para Galiza pase con “disimulo” e reducindo os seus trámites.

Non queremos este modelo de “depredación” contra a que seguiremos loitando como demostramos onte en todas as cidades galegas porque somos “un pobo vivo que sabe que as mobilizacións poden cambiar as cousas” e así o faremos o vindeiro domingo cando a xente tome as rúas para paralizar esta lei e  reivindicar outra política forestal.

A lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galiza foi aprobada cos votos do grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG