Noa Presas a Conde: “O Plan de Innovación para Galiza é improvisado, sen credibilidade e chega tarde”

Noa Presas
Noa Presas

Presas afirma que o  único novo modelo de xestión do talento investigador do Partido popular “consolidou a fuga de cerebros” e propón un Plan Retorna para as persoas investigadoras galegas

Noa Presas a Conde: “O Plan de Innovación para Galiza é improvisado, sen credibilidade e chega tarde”

“Un Plan que chega tarde”. Con esta afirmación comezou a intervención a deputada do BNG, Noa Presas trala presentación das liñas do “Plan Innova 2020” do conselleiro de Industria, Economía e Emprego, Francisco Conde.

Acabamos de presenciar, dixo a deputada,  un  “Power Point de 28 páxinas con máis literatura que compromisos”. Non figura no Plan unha análise rigorosa orzamentaria,  o  grao  de cumprimento do último sexenio e falta  unha  planificación  futura.

Para a nacionalista, “o  Plan  chega tarde”. O goberno  incumpriu a súa propia planificación  que representa outra  mostra da política de “improvisación” porque vostedes, móvense “a golpe de titulares”.

A parlamentaria acusou ao goberno de Núñez Feixóo  de non  apostar polo coñecemento nin priorizalo  na axenda do goberno e hoxe, dous anos despois, “Galiza segue perdendo oportunidades e indicadores”. Dous anos que o  goberno  ignorou todas as peticións do BNG para incrementar o “esforzo innovador en I+D+i e consolidar a carreira investigadora”.

Hoxe, insistiu, Presas, o  “Plan Galicia Innova 2020”  non supón ningunha mudanza a respecto dos últimos anos, polo que resulta  “ decepciónante e sen  credibilidade”.

O seu balance do período anterior, limítase a seis infografías que nadan  “na autocomplacencia”, pero  para o  Goberno de Feijóo, “todo está ben e non hai nada que cambiar”.

Orzamento propio insuficiente

Nun contexto de crecemento, o goberno galego segue sen   analizar as consecuencias dos recortes e seguen  “xogan ao confusionismo”. Vostedes din que investiron 1.102 M€ en innovación pero dividindo o orzamento da Función 56 “Investigación, desenvolvemento e innovación” en  seis anos tiñan que ter investido 184M€ e  esa cifra non se cumpriu.
Pretenden ocultar un  “recorte acumulado de 149 millóns de euros dende o ano 2009” en Innovación e o  programa más relevante, Plan galego de Investigación “perdeu na era Feixóo, 173 millóns de euros”.

As políticas do PP  teñen consecuencias  e estas pasan por “non  fortalecer  as infraestruturas de I+D+i”. O  único novo modelo de xestión do talento investigador que consolidou o PP foi o “da fuga de cerebros formados en Galiza”.

Presas tamén denunciou a caída do  persoal en I+D dende o 2009  na administración pública e ensino superior  que situou nun 17,6% e 14,7% respectivamente polo que reclamou  a Conde  que escoite ao sector para elaborar  “unha  folla de ruta propia”. Vostedes, recalcou, anuncian tres programas  para atraer o talento e sen embargo do   Programa Principia  “non din con que contía” o  Programa Oportunius para captar fondos europeos xa  foi recortado na pasada edición e  do  Programa Talento Sénior non aportan ningún dato.

“Non hai ningunha proposta para que retornen os nosos investigadores ”  e as   empresas tecnolóxica mente innovadoras caeron nun 50%, dende a chegada do PP á Xunta”.

Para Presas resulta  urxente “inverter a tendencia das políticas do PP” nestes anos,  e o  obxectivo do BNG é priorizar o esforzo innovador para a  recuperación económica polo que propuxo poñer en marcha o Plan Retorna para a volta das persoas investigadoras, e incrementar o persoal empregado en actividades de I+D con respecto a 2016 e incrementar “nun 20% o gasto empresarial” en actividades innovadoras respecto a 2016, “pasando dos 504 millóns de euros no 2016 a 605 millóns de euros no 2020”.