Galegas 2016

Noa Presas: "O BNG defende un grupo lácteo galego e a posta en valor da nosa produción"

Grupo_propio_Galego
Grupo_propio_Galego
  • As políticas de Madrid e Galiza do PP levan o leite e outros produtos galegos á ruína

Na mañá de hoxe un grupo de militantes e candidatos do BNG repartiron un folleto informativo no barrio de Mariñamansa co obxecto de concienciar sobre a urxencia dun cambio de políticas canto ao sector primario e a situación delicada que sofre o sector leiteiro é só un exemplo.

A candidata aclarou que “o BNG ten propostas no seu plan de choque contra as medidas antisociais e antigalegas do PP en todos os sectores. Durante o último ano vimos como desde o goberno central e desde o galego se impulsaban acordos fallidos que non levaron a ningures e seguimos tendo os prezos máis baixos do Estado cando poderiamos ser punteiros. Ademais desde as institucións non se presiona ás grandes superficies para que vendan leite e produtos galegos para protexer o mercado e isto non pode permitirse, é hora de cambiar o rumbo”

Presas insistiu en que “o BNG é a única forza política que concorre a estas eleccións co compromiso de facer do goberno da xunta un goberno rebelde, ao servizo do sector primario galego e que plante cara ás políticas lesivas de Madrid”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG