Montse Prado: “A Xunta quere baleirar o sector pesqueiro e convertelo nun sector turístico”

Montse Prado na Comisión de Pesca
Montse Prado na Comisión de Pesca
  • A nacionalista reclamou máis medidas para o sector en materia de recuperación de bancos marisqueiros , aumentar as rendas das mariscadoras, novas incorporacións á actividade do mar  e proxectos reais  que impulsen un sector estratéxico para Galiza   

Tras a comparecencia da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Álvarez  para informar do labor  dos grupos de acción local do sector pesqueiro, a parlamentaria do BNG, Montse Prado indicou que o sector segue a espera de medidas que resolvan os  problemas que afectan, “tanto a actividade como aos profesionais do mar”.

Para a deputada, a Xunta “quere baleirar o sector pesqueiro e convertelo nun sector turístico” polo que preguntou se realmente a prioridade da consellería do Mar é o desenvolvemento do turismo como quere a Unión europea cuxo deseño non é outro máis que provocar que “Galiza perda postos como potencia pesqueira”.

A  nacionalista manifestou que o  obxectivo da Xunta “non é que o noso mar mellore, e xere riqueza e emprego” fronte a iso, dixo, o Partido popular segue na liña de proxectos secundarios que non abordan as verdadeiras necesidades do sector.Neste sentido preguntou cantos dos proxectos defendidos pola Xunta inciden directamente na recuperación dos bancos improdutivos, implementar semente, fomentar a comercialización dos nosos produtos, loitar contra a importación de produtos en detrimentos dos propios ou de medidas que permitan ao colectivo de traballadores e traballadoras  vivir dignamente do seu traballo.

Montse Prado criticou que os investimentos para os proxectos dos GAL foran destinados a tabernas mariñeiras,cervexerías e orientación turística  con fondos públicos europeos pero sen un modelo claro, mesmo para os grupos de acción local. En opinión da deputada, os proxectos deben mellorar as condicións de vida das persoas do mar  e incorporar ao sector a novas persoas pero ningunha desta cuestións foi “prioritaria”. Vostedes, dixo, non queren considerar o mar como sector estratéxico, prefiren que sexa complementario a pesar dan súa  grande potencialidade económica.

Por outra parte, tamén se referiu a reunión solicitada polos sete presidentes dos grupos coa consellería ante os problemas derivados da tramitacións dos proxectos, orde de axudas e  convocatorias, que aínda “non foron abonadas” o que está a provocar graves prexuízos económicos para os propios grupos e promotores dos proxectos.

Sobre as alusións da titular de Desenvolvemento pesqueiro en materia de política de igualdade, a parlamentaria do BNG censurou o incumprimento da promesa de “aumentar a renda ás mariscadoras” polo que preguntou se algún dos proxectos expostos hoxe en comisión van na direccións de que este colectivo aumente as súas rendas directamente da capacidade extractiva, aumento de prezos, zonas de marisque ou ben en vez disto, “o camiño é só dedicarse a proxectos turísticos”.

Finalmente, a deputada preguntou cantas incorporacións novas se produciron a actividade do mar de maneira real, “non  en bares”. Cánta renovación xeracional se produciu e cales son  as prioridades despois  de nove anos da posta en marcha dos grupos  de acción local. En Galiza, recalcou, “a importancia do mar é fundamental para a nosa economía” e debe contar con medidas e proxectos destinados ao seu desenvolvemento e melloras para a actividade das persoas que “traballan e viven do sector pesqueiro”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG