Montse Prado pide a Sanidade que escoite a cidadanía e non suprima as áreas sanitarias

Montse Prado
Montse Prado

A deputada Montse Prado  manifestou  a súa oposición a modificación da lei de Saúde que  afasta a poboación  dun  modelo sanitario de calidade, cercano, participativo e orientado á prevención e que busca a “ privatización” dos servizos

Montse Prado pide a Sanidade que escoite a cidadanía e non suprima as áreas sanitarias

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre a calidade asistencial en Atención Primaria e Hospitais Comarcais ante a modificación da lei de Saúde, ao seu xuízo, elaborada  con “nocturnidade e alevosía” e sen diálogo previo coa mesa sectorial e colectivos sociais. 

Para a deputada, a modificación da lei provocará máis deterioro na sanidade pública, “consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico e afecta negativamente á calidade asistencial”, afirmou. 

 Montse Prado recalcou que a modificación da lei suporá a supresión  das actuais áreas sanitarias para crear unhas áreas maiores na súa extensión territorial, medida que provocou diferentes mobilizacións en unha forte opoisición da cidadanía e os profesionais.

Coa modificación que pretende aprobar o Partido Popular, dixo, Prado os Hospitais Comarcais e Atención Primaria pasan a ser “meros apéndices dos grandes hospitais”, con unha máis que evidente perda de autonomía, capacidade de decisión e dirección e “os grandes hospitais absorberán a maior parte dos recursos sanitarios”.

O Partido Popular pretende levar a cabo esta modificación da Lei de Sanidade de Galiza, sen ter levado a cabo ningunha avaliación de cales foron as consecuencias para a sanidade pública galega da creación das EOXIS. 

O BNG, reiterou a nacionalista,  manifesta a súa oposición a esta modificación, que significa confirmar o afastamento dun modelo sanitario de calidade e  cercano á poboación polo que preguntou ao Goberno galego considera  que Atención Primaria e os Hospitais Comarcais poden prestar unha boa calidade asistencial coa perda de autonomía, capacidade de decisión e dirección que consolidan esta modificación.