Montse Prado: “O furtivismo non se combate con propaganda, senón con medidas efectivas e medios propios”

Montse Prado
Montse Prado

O BNG pide á Xunta que actúe e deixe de enfocar o seu esforzo en elaborar estatísticas que non recollen a realidade do furtivismo

Trala comparecencia da secretaria xeral da Consellería do Mar, para informar do balance da loita contra o furtivismo de Galiza, a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado afirmou que a loita contra o furtivismo non se combate con “propaganda”, hai que actuar con medidas especificas e apostar por medios propios trala  privatización de medios do servizo de Gardacostas.

Prado criticou a  “sesión e fotos” da conselleira do Mar e do Vicepresidente no buque remolcador do Servizo de Gardacostas de Galiza, Sebastián Ocampo, “semiprivatizado e entregado a Remolcanosa e persoal externalizado” e propuxo esas mesmas fotos nunha das vinte  lanchas que dependen da consellería e co persoal propio porque,  ao seu xuízo, esa sería a imaxe dunha  aposta “polos servizos e persoal propio”.

Ante o anuncio da secretaria xeral da Consellería do Mar sobre a renovación da  flota de vehículos, a deputada  reclamou un informe sobre os motivos para dita renovación , “número de vehículos, uso habitual, quilómetros e cantos días, semanas e meses permanecen pechados nos garaxes”.

Para a deputada,  a comparecencia da responsable de Mar non aportou un verdadeiro informe con datos específicos e medidas contra o furtivismo e afirmou que desgraciadamente en Galiza “o furtivismo non diminuíu” e segue provocando  con graves consecuencias sobre todo para ás mariscadoras, persoas consumidoras e saúde pública pola falta de control.

O furtivismo, dixo, tamén afecta á fiscalidade, “non pagan impostos” e iso, repercute en toda a sociedade. Prado criticou o optimismo da secretaria xeral e reiterou que “a propaganda” non soluciona os problemas. No ano 2009 coa chegada do PP á Xunta, comezou a estratexia da propaganda contra o furtivismo  na ría do Burgo e Ferrol cun grande despliegue mediático pero sobre os resultados, “o PP non utilizou os mesmos medios de publicidade”  sobre todo, despois de saber que no ano 2015  so se produciu unha detención e 33 identificacións na ría do Burgo e despois de anos, na ría de Ferrol a noticia é que a situación do furtivismo segue “normalizada”.

A actual situación laboral,  marxinalidade e  exclusión social  argumentou Prado, son factores que inciden en grande maneira no furtivismo pero tamén todo  indica que incluír o delito no Código penal non está a dar os resultados esperados.

Para a deputada, o goberno galego desiste das súas propias competencias na loita contra o furtivismo, “ningunean o servizo de Gardacostas de Galiza e mesmo rebaixan as súas funcións” e agora  publican un decreto para designar cargos do servizo aínda que apenas teñan relación co mesmo o que está a crear, afirmou, “moitos problemas”.

A parlamentaria lamentou a “falta de rigorosidade” nos datos ofrecidos no informe ao incluír por igual  decomisos,  infraccións administrativas, incremento de captura detectada  nunha  embarcación do cerco pola falta de cota ou a situación xerada por vostedes mesmos, dixo, ao diferenciar entre    percebeiros   a frote e percebeiros  a pé no concello da Guarda onde se rexistraron máis de 200 actas por  marisco incautado aos percebeiros”.

Prado concluíu a súa intervención asegurando que as medidas implementadas pola Xunta para combater o furtivismo “non son eficaces” e o Goberno enfoca os seus esforzos a seguir elaborando estatísticas sen afrontar radicalmente o problema.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG