Montse Prado critica a inacción do Goberno Galego ante a perde de empregos do Pastor

Montse Prado
Montse Prado

Acusa de “irresponsabilidade”  aos gobernos do Estado e galego por non mediar  para impedir o ERE e utilizar  portas xiratorias para compensar o “seu silencio”

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta ao goberno sobre as accións levadas a cabo en relación co expediente de regulación de emprego presentado no Grupo Popular-Pastor e Banco Santander denunciando  o desinterese de Presidente da Xunta do que dixo, “permanece de brazos cruzados” ante  unha  nova destrución de emprego no sistema financeiro galego polo que reclamou   a mediación do goberno que lidera Feijóo   para retirar o ERE  e impedir a perda da marca da entidade en Galiza e  postos de traballo.

O PP E AS PORTAS XIRATORIAS

Prado denunciou que ao tempo de aplicar o despedido de traballadores, o banco segue contratando persoal a través de Empresas de Traballo Temporal e dende o BNG, dixo,  seguiremos rexeitando estas prácticas. A entidade financeira busca incrementar os beneficios a costa de despedir a traballadores e traballadoras e para máis “escarnio”  coloca ao fronte a unha persoa como Isabel Tocino, ex-ministra do Partido popular, persoa protexida por Manuel Fraga, Membro do consello de Admón. de ENCE, ENAGAS, Banco Santander e agora do Banco Pastor en Galiza.  “O silencio do Partido popular é compensado con portas xiratorias”, afirmou. 

 Na súa intervención salientou Prado tamén lembrou   que dende o ano 2013, “perdéronse na entidade bancaria, 1.257 postos de traballo”, e respostou á  secretaria xeral de Traballo, Covagonda Toca, que o “Partido popular do  goberno da Xunta non moveu un dedo” amparándose en que o ERE é do Estado, ao igual dixo, como   aconteceu coa desaparición das entidades bancarias galegas, outra decisión de Madrid  que o goberno Feijóo  “acatou sen rechistar”.

Un ERE Express, dixo,  que se resolverá nun mes e que afectará en Galiza a 179 persoas. Un novo ERE despois do 2016 coa adquisición do Pastor polo Banco popular que recibiu o “apoio do Partido popular”. Unha perda de postos de traballo que afectará negativamente a Galiza e ao seu sistema financeiro. A deputada reiterou que o ERE no Pastor é “un atraco e desfeita” e reprochou á responsable de Traballo seguir na senda de non tomar medidas ante unha situación que con toda seguridade, advertiu, non  será a última. Aos traballadores e traballadores, dixo, “ofrécenlle unhas condición co aviso de que dentro dun meses esas condicións “serán peores”.

Finalmente preguntou como queda o emprego no sector financeiro e replicou a responsable de Traballo que mentres a  situación é “ dramática” para o traballadores e traballadoras da entidade,   vostedes amosan “satisfacción” dun   ERE que ao seu xuízo, “non é  traumático”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG