Parlamento Galego

Mini pide á Xunta axilidade no pagamento das indemnizacións aos gandeir@s polos ataques dos lobos

Intervención Mini
Intervención Mini
  • O nacionalista advirte do custe dos ataques do lobo nas explotacións gandeiras  

O parlamentario do BNG, Xosé  Luís Rivas reclamou hoxe na comisión de Agricultura “actualizar, e axilizar o pagamento de indemnizacións aos gandeiros afectados polos ataques do lobo”.

Rivas explicou que tras a chegada de Feijóo ao Goberno,  a partida destinada aos ataques do lobo situábase en 100 mil euros o que disuadía a moitos gandeiros e gandeiras a reclamar as axudas e tendo en  conta ademais que “eran aboadas aos catro ou cinco anos”. Por outra parte, engadiu,  a valoración dos danos non se correspondía nin con as razas nin estado dos animais. É necesario, afirmou, “unha valoración rápida” das feridas producidas polos ataques do lobo  porque se non é así a explotación sofre un importante prexuízo. “Cando os gandeiros e gandeiras din que o ataque foi do lobo, poden estar seguros  de que así foi”, zanxou o nacionalista.

Trala intervención do  portavoz popular, Carlos Gómez que presentou unha emenda ao texto defendido por Rivas, o deputado do BNG recalcou que a perda do gando está a provocar graves prexuízos no medio rural que ademais debe loitar  contra ataques do porco bravo que “rebenta os plantíos e castiñeiros, o corvo que come millo e o raposo que entra nos galiñeiros”. En Asturias, o oso non da problemas porque non se despraza coa rapidez que o fai o lobo polo que resulta necesaria, reiterou, “unha valoración rápida dos danos” en años que teñen un determinado prezo en determinadas épocas e se a colleita dun ano non é boa por abortos ou feridas, “fastidiouselle a explotación e a ganancias dun ano”.

Por outro lado, Luís Rivas considerou que  380.000 euros destinados pola Xunta a axudas “non é unha cifra aceptable para cubrir os danos” polo que volveu pedir incrementar a contía, e “axilizar o pago” así como unha rápida avaliación dos danos producidos polos  ataques do lobo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG