Mini: “A batalla contra o lume só se ganará con medidas que poñan freo ao abandono do monte”

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

Culpa ao PP de provocar o abandono do rural, tras décadas de políticas que afogaron a economía agraria e induciron ao éxodo

Mini: “A batalla contra o lume só se ganará con medidas que poñan freo ao abandono do monte”

O portavoz parlamentario de Medio Rural, Xosé Luís Rivas, advertiu que os lumes son un problema estrutural que vai máis aló das condicións extremas que derivaron na última vaga de incendios que, ademais, serviu para constatar o colapso do actual sistema de extinción.

As solución pasa por limpar o monte, apostar polo súa posta en valor multifuncional o que, a súa vez, axudaría a revitalizar o rural, indicou Rivas na interpelación á conselleira de Medio Rural. “Son cada vez máis os que queren un rural vivo, cada vez máis as voces que esixen menos ENCE, menos eucaliptización, menos negocio duns poucos e máis riqueza para a colectividade”, indicou o deputado nacionalista, quen pediu explicacións á conselleira “por tanta necidade, tanto despropósito e tanto maltrato ao territorio”.

Neste sentido, Rivas denunciou que foron as políticas do PP ao longo dos últimos 30 anos ás que propiciaron un desmantelamento progresivo do rural, cuxo abandono e causa directa dos lumes. “Vostede dilapidaron en cemento as subvencións europeas, levaron a un camiño cego a decenas de miles de explotacións familiares, pagaron por abandonar a actividade agraria, induciron ao éxodo”, alegou.

Agora a Xunta quere, dixo, tapar o caos e o abandono provocado no rural “con tramas incendiarias”, cando o que deberían facer e dar un xiro radical “a súa política no rural, apostar por un monte de participación social e multifuncional e recuperar tamén a actividade agrogandeira, porque non hai monte sen cultivos e non hai agricultura nin gandería sen monte”, concluíu.