Mini advirte que o interese de pasteiras lusas incrementará as plantacións de eucaliptos na Galiza

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

Pide un Plan de ordenación integral  con alternativas racionais para o monte galego e frear iniciativas que incrementen a eucaliptización en Galiza

A través dunha preguntas parlamentaria á conselleira de Medio Rural, o deputado e portavoz de Agricultura do  BNG, Xosé Luís Rivas  advertiu  do risco que supón para Galiza que a pasteira lusa  The Navigator Company vexa no monte galego un recurso idóneo para proverse de materia prima como medio de eludir as limitacións para a plantación de eucalipto previstas no país veciño, o que agudizaría, afirmou,  “a eucaliptización do monte galego, que xa acumula 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata o ano  2032”.

“Non nós chegaba con soportar a ENCE, senón que agora pretende vir a portuguesa Navigator a chuchar no noso monte, como se fósemos unha colonia á explotar, mesmo cun custe ambiental tremendo para o noso territorio, para que fagan negocio dúas pasteiras a cambio de arrasar co noso monte”, denunciou Rivas.

O parlamentario explicou que os lume en Portugal son, o pan de cada día ao igual que en Galiza e o  producido en Leiría, “casual ou non, e no que se rexistraron mortos” acelerou as medidas a tomar nunha estratexia para que os eucaliptos non superen as 812.000 hectáreas actuais aumentando nun 40% a plantación de carballo e outras frondosas mentres que en  Galiza, seguimos cunha “intensa presión de ENCE e un monte sen alternativas”. A nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto, reiterou Rivas é “unha ameaza para optar por un monte galego racional, diversificado, multifuncional e sostible”. E neste sentido, acusou  de “ineptitude e incapacidade”  ao  Goberno de Feijóo  para sacar adiante un Plan forestal que dea alternativas racionais ao noso monte e que  beneficie aos galegos e galegas”.

Nin unha soa hectárea nova de eucalipto en Galiza, reclamou dado o  descontrol desta especie altamente combustible, e lembrou que o resto do Estado e países europeos fixeron un proceso de repoboación maioritariamente con especies autóctonas. En Galiza só 300.000 dos 8,2 millóns de metros cúbicos que se cortan son de madeira de calidade procedente de especies autóctonas.

A este paso, ironizou o nacionalista vanse plantar eucaliptos nos maceteiros das casas. Poden vostedes contarnos todo o que queiran sobre a multifuncionalidade do monte pero a realidade é que somos vítimas da “política de ENCE” e agora tamén da ameza de Navigator Company que xa presionou ao goberno portugués para dulcificar as medidas. Galiza, recalcou Rivas non pode soportar “a duplicación de hectáreas arboradas con eucalipto antes do ano 32”.

Neste sentido, alertou da intención do  Partido popular para modificar  o Plan forestal  co fin de ampliar o tope de  eucalipto a plantar. A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, pola súa parte,  confirmou   que a consellería está a revisar o Plan forestal para facer un monte funcional e que  beneficie economicamente ao  rural, argumento que o deputado do BNG puxo en cuestión e criticou ante os resultados das políticas do Partido popular para as persoas que viven neste medio. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG