Matar por matar nin é deporte nin é divertimento.

Raposo
Raposo

Luís Bará cualifica de “práctica cruel” matar o maior número de raposos no menor tempo posible e pide a suspensión desta actividade nos concellos de Cercedo, Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada

Matar por matar nin é deporte nin é divertimento.

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará denuncia a “colaboración e apoio institucional do Partido popular” ao campionato  que se celebrará  mañá, sábado 3 de febreiro, en catro concellos galegos “gobernados polo Partido popular” e que consiste en “matar o maior número de raposos no menor tempo posible”.

O deputado anuncia que o BNG seguirá rexistrando iniciativas para que cese esta actividade e critica o apoio e colaboración institucional dos concellos de Cerdedo, Cotobade, Campo lameiro, Forcarei e A Estrada, “ todos eles gobernados polo Partido popular”.

O BNG, manifestou  Bará impulsará iniciativas para que a Xunta retire o seu  apoio a unha  práctica que converte a Galiza “nun paraíso da matanza do raposo” e proporá  modificar a “Lei de caza e deporte” para impedir esta actividade cruenta.

Bará reitera que a celebración do campionato da “matanza de raposos” en concellos gobernados polo PP evidencia o “apoio, colaboración e complicidade” cunha práctica que cualificou de “aberrante e cruel” e que  conta coa colaboración e autorización do goberno galego e  participación de cargos da Xunta de Galiza na “promoción e difusión” duns  campionatos que non son “propios destes tempos”, non responden a ningunha razón cinexética, nin biolóxico nin tampouco  de control de poboacións animais.