Luís Bará pide que se inicien as obras de mellora da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio

Ponte de Ponte Sampaio (Foto: Galipedia)
Ponte de Ponte Sampaio (Foto: Galipedia)

Denunciou o deterioro deste  ben cultural de grande valor artístico e lugar de paso dos camiños históricos que unen o norte de Portugal con Compostela

O parlamentario do BNG, Luís Bará  reclamou no Parlamento galego elaborar no prazo de tres meses , un “proxecto de conservación, mantemento, limpeza, alumeado, e ordenación da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio e executar estas obras ao longo do ano 2018”.

O deputado nacionalista  lamentou que o Partido popular  anunciara o voto en contra  da proposta do BNG e  recriminou ao  deputado popular de Pontevedra,  Jacobo Moreira que non tivera presentado ningunha iniciativa para a conservación e mantemento deste ben cultural. Son concelleiro de Patrimonio histórico no concello de Pontevedra e por iso, dixo, Bará  “me preocupo pola Ponte de Sampaio pero vostede non fixo ningunha iniciativa a este respecto e teño moitas dúbidas de que sexa  vostede o portavoz municipal porque máis ben parece que un portavoz a  distancia ou teledirixido dende Santiago”.

Xa no debate da iniciativa, Bará insistiu na necesidade de iniciar os traballos de conservación e limpeza ademais de solventar as deficiencias dun alumeado “anticuado e insuficiente”. Na actualidade, afirmou, tamén proliferan “postes, paneis, placas e mobiliario urbano que distorsión a harmonía do monumento” é resulta necesaria unha mellora na sinalización para previr os habituais accidentes de vehículos que danan os pétris.

Por outra parte, indicou, a ponte forma parte do trazado da estrada PO-264 que atravesa os núcleos urbanos de Ponte Sampaio e Arcade, sendo competencia da Xunta de Galiza o súa conservación.

O deputado propuxo acordar un texto destinado a elaborar, entre a Xunta de Galiza e os concellos de Pontevedra e Soutomaior, un proxecto de conservación, limpeza e alumeado da contorna da Ponte de Sampaio executando estas obras durante o período do ano 2018. A proposta do BNG non foi aceptada polo grupo parlamentario do Partido popular o que impediu que a iniciativa prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG