Luís Bará: “Empezan a aparecer as amizades perigosas de Feijóo imputadas pola corrupción do PP”

Intervención Luís Bará
Intervención Luís Bará
  • O deputado do BNG reclamou políticas públicas de vivenda e un plan de choque para promover a rehabilitación e o aluguer.

Tras cualificar de “decepcionante” a comparecencia da conselleira de Vivenda, o deputado do BNG, Luís Bará  censurou que Ethel Vázquez non anunciara novas  medidas nesta materia, agás as referencias á rehabilitación de vivendas  incluída  xa en programas  existentes.

Na súa intervención o nacionalista  aludiu ao gran número de “procesados, imputados e condenados do Partido popular” relacionados cos diferentes gobernos de José María Aznar e afirmou que esas consecuencias tamén chegan a Galiza  porque “aumentan as  amizades perigosas de Feijóo que compartiu durante todos estes anos asento no comité executivo do Partido popular con toda esta retahíla de destacados dirixentes e gobernantes que agora están sendo imputados polas súas políticas corruptas”.

“O cheiro pestilente da corrupción que rodea ao Partido popular ten que facerlles sentir vergoña” recalcou o deputado do BNG porque os corruptos que “meten a man na caixa” son que que levan á quebra á sociedade.

Luís Bará lembrou que no ano 1997 foron aprobadas as medidas liberalizadoras do solo gobernando o Partido popular do “famoso Aznar” e a partir daquel momento, dixo,  produciuse o “boom e a burbulla inmobiliaria” con consecuencias como a crise bancaria. O parlamentario asegurou que ese fenómeno provocou o drama social que levou a centos de miles de persoas a perder “dereitos, salarios e vivendas” e  ao rescate da Banca con miles de millóns de euros.

O parlamentario tamén lembrou que agora o imputado Rato recibiu todo tipo de eloxios de Emilio Botín, Dolores de Cospedal e mesmo do  propio Aznar quen afirmou que Rodrigo Rato foi de largo o mellor ministro de Economía da historia da democracia española. Ás declaracións dos anteriores, Bará sumou a Rajoy quen tamén se pronuncio asegurando que faría unha política económica como a de Rodrígo Rato quen por outra lado sería un extraordinario presidente de Caja Madrid, “ Rajoy todo un visionario”, ironizou o nacionalista.

Xa no debate coa titular de vivenda, Luís Bará criticou a política de medidas “parciais, illadas, limitadas e inconexas” que en moitos casos, son unha resposta a situacións de emerxencia e a presión social pero non van “a raíz do problema e garantir o dereito á vivenda” nin tampouco  a resolver o problema de miles de persoas causado por un modelo “especulativo, inxusto e corrupto”.

O deputado reiterou que o Partido popular prioriza as axudas á banca, incrementa o déficit público e  endebeda as administracións públicas en detrimento das políticas sociais e de vivenda.

Sobre o Plan galego de Vivenda 2015-2029 e o Plan Rehabita mencionado pola conselleira de maneira “triunfalista”, Bará rebaixoulle o ton afirmando que o “balance non é para botar fogos” porque o que  si hai é “incumprimentos e falta de orzamentos” en convenios e convocatorias.

O deputado do BNG reclamou políticas públicas de vivenda e un plan de choque para promover a rehabilitación e o aluguer.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG