Luís Bará defende a compostaxe domiciliaria, comunitaria e en planta como sistema universal na Galiza

Luís Bará
Luís Bará

O deputado Luís Bará tamén solicitou iniciar un diálogo entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra para ampliar o plan "Revitaliza"  ao resto do territorio galego

 

O  deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará levou hoxe  a comisión de Ordenación do Territorio, a proposta de establecer a compostaxe domiciliaria, comunitaria e en planta como sistema universal de tratamento dos biorresiduos urbanos no horizonte do ano 2018. Por outro lado, tamén avogou por iniciar un diálogo coa Deputación de Pontevedra para estudar o desenvolvemento do plan Revitaliza e amplialo ao resto do territorio galego.

Pola súa parte, o portavoz popular, Jacobo Moreira  acusou ao BNG de propoñer que a Xunta “invada  competencias municipais” en materia da recollida de residuos e a respecto de abrir un dialogo coa Deputación sobre o plan “Reactiva”,  debe ser esta entidade, afirmou , quen informe a Xunta dos seus proxectos. O nacionalista censurou que o Partido popular sega na senda de beneficiar a “empresas privadas” e anclado nun modelo  de residuos “fracasado, centralizado e defendendo os intereses particulares e privados” e impedindo “tratamentos alternativos”.  

O parlamentario insistiu en que resulta imprescindible promover a enerxías limpas e renovábeis e un novo modelo de xestión e tratamento dos residuos de orixe industrial e residuos sólidos urbanos primando a “redución, a reutilización e a reciclaxe” ademais de potenciar o tratamentos de proximidade e compostaxe dos biorresiduos.

Bará lamentou que o portavoz do PP pechara a porta a iniciar un diálogo entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra sobre o programa “pioneiro” Revitaliza de tratamento de residuos urbanos biodegradables no que xa participan “30 concellos da provincia de Pontevedra”. O deputado avogou por ampliar o sistema “Revitaliza” ao resto do territorio galego. 

Na nosa iniciativa, dixo,  propoñemos  unha estratexia  transversal para “mellorar a calidade de vida e promover o emprego”. A nosa proposta, recalcou,   tamén está relacionada con novos  modelos urbanos, o ciclo da auga, a protección da biodiversidade, outros  usos  e xestión do monte, etc.. fronte un modelo “deficiente” que incumpre o marco de residuos da propia Xunta de Galiza que implantou un plan no que resulta resulta imposible a reciclaxe do 50%.

O PP segue apostando por vertedoiros e incineración

Vostedes apostan polos “vertedoiros e a incineración” con grandes custes ambientais e económicos. No ano 2016, a Xunta  escolleu  unha práctica que vai en contra do propio plan a través dun macrocontrato con SOGAMA con “500 millóns de euros para transportar e queimar o lixo”. O plan, contempla  a compostaxe comunitaria pero  vostedes,  “o que poñen no papel logo non o cumpren”.

Non podemos defender unha estratexia contra o cambio climático e logo seguir utilizando un sistema “fracasado e con macrocontratos para ampliar a planta de Cerceda e ampliar os residuos nun millón de toneladas”. O BNG propón poder chegar a poder reciclar o 50% dos residuos no ano 2020 pero o Partido popular mantén   unha postura de “sabotaxe” ao modelo que propón a Deputación de Pontevedra, concluíu.

A iniciativa do BNG contou co apoio das forzas da oposición pero rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG