Parlamento Galego

Luís Bará acusa á Consellaría de Medio Ambiente de utilizar “portas xiratorias”

Luis Bará na tibuna do Parlamento
Luis Bará na tibuna do Parlamento
  • O nacionalista  comparou  a economía circular enunciada por Beatriz Mato coas portas xiratorias que permiten "circular da Administración pública á empresa privada  a persoas como Fernández de Mesa cun soldo de 150.000 euros"

O deputado do BNG, Luís Bará reiterou que debaixo os slogans e plans  sobre economía circular verde e azul,  sustentable e paisaxe, agóchase  o “fracaso estrepitoso” da política medioambiental e Ordenación do territorio do Goberno galego.

PORTAS XIRATORIAS DO PP  

O deputado preguntou se a “economía circular”, verde e azul,  á que aludiu   Beatriz Mato está relacionada coa economía circular que trafica con Fernández de Mesa e  que permite   “portas xiratorias que circulan   da administración pública  á empresa privada para cobrar  grandes soldos de 150.000 euros”.

Tras a afirmación da conselleira de querer ser os “líderes e referentes en política medioambiental ”, Bará asegurou que detrás da “economía verde e azul” temos a realidade “marrón” dos vertidos que van todos os días as nosas rías, “algo cheira a podre na  Consellería de Medio Ambiente”, recalcou o nacionalista.

Para o deputado, resulta incoherente a estratexia galega sobre cambio climático e enerxía 2050 cando na  actualidade “ hai autenticas factorías” como SOGAMA contraria ás medidas para loitar contra  o cambio climático. O parlamentario cualificou a intervención de Mato de “enganosa”. Para Bará,  Medio Ambiente  ten dous grandes buracos negros convertidos en “sumidoiros de diñeiro público”, as actuais condicións das  augas das rías e o tratamento de  residuos.

Ademais, dixo, temos a grande desfeita da paisaxe. Neste punto, o deputado   botou man do propio Plan director de Turismo para denunciar unha gran ameaza, “o deterioro da paisaxe e do patrimonio” á que sumou  a do monte producida por unha eucaliptización descontrolada. Vostedes, van incentivar unha política forestal pasteira co monopolio da biomasa no que proliferarán os cultivos enerxéticos e  así, “non se pode promocionar a nosa paisaxe cara fora”.

ENCE FORA DA RIA DE PONTEVEDRA

O deputado tamén  lembrou a “chapuza xurídica” da lei do Solo que permitiu favorecer intereses privados como  a  Lei de Costas pero con ENCE, recalcou  “non o van conseguir”. Non imos permitir que cambien a Lei, o proceso aínda está aberto e “imos dar esa batalla”. Agora o están intentando coas reunións secretas con ELNOSA para permitir a súa continuidade na ría de Pontevedra, esa é a súa maneira de coidar   as nosas rías, esa é a “súa economía azul”.

Bará concluíu a súa intervención recriminando a xestión de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aludindo á caída de produtividade e emprego nas rías coa perda do 41% de postos de traballo e a  ameaza de sancións  da Unión europea polo estado da rías do Burgo, Arousa, Pontevedra e  deficiencias na  depuradora de Vigo. O parlamentario reclamou unha  “rexeneración” das rías coa implicación de todas  as administracións da Xunta e un novo modelo para o tratamento dos residuos sólidos contrario a SOGAMA , “Gas natural pon o gas para secar o lixo e FENOSA beneficiase da incineración”, esa é a súa economía verde e azul.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG