Parlamento Galego

Luís Bará acusa ao PP de querer pasar a historia como o “enterrador da Área Metropolitana de Vigo”

Luis Bará na tibuna do Parlamento
Luis Bará na tibuna do Parlamento
  • Os votos en contra do Partido popular impediron que prospera  a proposición non de lei nacionalista destinada a desbloquear a Área Metropolitana de Vigo

O parlamentario do BNG, Luís Bará acusou hoxe ao Partido popular de sentir “unha obsesión enfermiza” contra determinados gobernos municipais e facer “oposición” dende o propio goberno da Xunta.

No ano 2000, explicou o nacionalista, catorce concellos foron o xermolo da Área Metropolitana de Vigo para acadar a “vertebración e  prestación conxunta de servizos a unha poboación de 464.000 persoas”. Doce anos despois foi aprobada a lei que non chegou a executarse por  “discrepancias entre a Xunta e o concello de Vigo”.

A proposición non de lei  do BNG solicitaba do goberno galego  iniciar accións para  desbloquear a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo pero trala intervención do portavoz popular, Alberto Pazos, Luís Bará acusou ao PP de querer pasar á historia como o “enterrador da Área Metropolitana de Vigo”.

Na quenda de réplica, Bará  explicou  que o transporte da Área Metropolitana ven explicitado na cláusula B do convenio deixando claro que as cuestións litixiosas  serán resoltas polas partes e dado o carácter  administrativo do propio convenio pola xurisdición contencioso administrativa, exclusivamente para o convenio do transporte, pero de ningunha maneira , remachou  “contra a Área Metropolitana de Vigo” como tentaba xustificar o deputado do PP.

Vostedes,afirmou Luís Bará  están antepoñendo “os seus intereses particulares e partidistas” nunha estratexia de confrontación con “fins electorais” e utilizando o goberno para “atacar e facer oposición aos concellos” que o PP non goberna. “Fáltalles visión de futuro para poder chegar a acordos con gobernos elixidos democraticamente” e con toda a lexitimidade para defender os seus intereses.

O nacionalista apelou ao diálogo e o consenso para acadar un acordo e pediu ao PP un cambio de  actitude política que  “poña freo ao boicot da Área Metropolitana de Vigo”. Abandonen esas posicións de “botarse ao monte” e cheguen a acordos, reiterou.

O PP impediu cos seus votos que a iniciativa nacionalista prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG