GALEGAS 2016

Garantiremos que todos @s nen@s deste país teñan unha praza no ensino público "incluído o fillo ou filla de Feijóo

Presentación do programa
Presentación do programa
Garantiremos que todos @s nen@s deste país teñan unha praza no ensino público "incluído o fillo ou filla de Feijóo

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón trasladou hoxe  os parabéns a Feijóo tras coñecer, a través dos medios de comunicación, a súa paternidade. No día que comezan o colexio miles de escolares, a candidata nacionalista afirma que o BNG garantirá que “todos os nenos e nenas deste país, incluído o fillo ou filla do candidato do PP, terá unha praza no ensino público con independencia de que Feijóo aposte polo ensino privado”.

O BNG, recalca Pontón, aposta polo “ensino público, de calidade,  e gratuíto” e denuncia que a maioría das familias non poden asumir o custe de levar aos seus fillos e fillas a unha gardería, escola infantil ou colexio privado. Hoxe, “hai 3.000 familias sen praza no ensino infantil de 0 a 3 anos, 2.300 docentes menos e 49 escolas públicas pechadas mentres foron creadas 243 aulas no ensino concertado” grazas as políticas de Feijóo.

O 25 de setembro temos que abrir “un tempo novo” para a educación que durante estes anos padeceu importantes recortes en recursos e medios. O 25 de setembro temos a oportunidade de apostar polo ensino público e garantir un futuro para a xente nova deste país, dixo a candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón.