ANA PONTÓN: “SE FEIJÓO NON ACODE A REUNIÓN DEMOSTRARÁ QUE NON QUERE A TRANSFERENCIA DA AP-9

Feijóo está levando a Galiza á irrelevancia política

Feijóo está levando a Galiza á irrelevancia política
  • O BNG agarda acadar mañá unha resolución de todas as forzas políticas para reclamar que a lei para a transferencia da AP 9, aprobada polo Parlamento galego por unanimidade, sexa debatida no Congreso dos deputados

A portavoz do grupo parlamentario  do BNG, Ana Pontón manifestou ante os medios de comunicación que se mañá Feijóo non acode a reunión co resto das forzas políticas, convocadas polo propio BNG, para reclamar a xestión da AP 9, demostrará que non lle parece relevante o boicot do Estado á transferencia” desta infraestrutura. A nacionalista recriminou a Feijóo ter utilizado a palabra Galiza só en período de eleccións que  agora cambia por “PP, PP, submisión, submisión”. Ana Pontón agarda que o PP asista a reunión que terá lugar mañá, día 25 de outubro ás 10 horas no Parlamento galego  co fin de  contar cunha resolución que defenda o dereito de que a lei aprobada por unanimidade na Cámara galega sexa debatida no Congreso dos deputados.

Se non é posible unirnos en algo tan básico, dixo Pontón, “Feijóo comeza a súa lexislatura sendo cómplice dos agravios e discriminacións para o noso país e demostra  a súa incapacidade para  defender os intereses cando o país o necesita”.