A Executiva electa do BNG celebra a súa primeira reunión cun encontro distendido tras a #BNGXVI

Nova Executiva do BNG
Nova Executiva do BNG

A Executiva nacional do BNG celebrou a súa primeira reunión cun encontro distendido e informal nun restaurante compostelán tras a celebración da XVI Asemblea Nacional na Coruña, onde as 19 persoas que integran a nova dirección recibiron o apoio do 98,23% da militancia.

A reelixida portavoz nacional, Ana Pontón, quixo agradecer a participación das aproximadamente 2.400 persoas,  entre militante, simpatizantes e convidados, que acudiron ao Pazo de Palexco para aportar as súas propostas e ideas, nunha asemblea que pechaba un intenso ano de debate, no que o BNG aproveitou para actualizar o proxecto e para fortalecer a organización.

EXECUTIVA NACIONAL ELECTA BNG1Despois de que a militancia elixira directamente na AN á executiva nacional e a metade das persoas que conforman o Consello Nacional, o que é máximo órgano de dirección entre asembleas será completado coas persoas que se designen polas bases desde as comarcas, ata conformar @s cen integrantes do Consello Nacional.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG