A Deputación da Coruña sitúase á cabeza no apoio aos festivais de música, artes escénicas e audiovisuais

Xuntanza coordinadora Festivais Cinema Galiza
Xuntanza coordinadora Festivais Cinema Galiza

Cun orzamento que supera o medio millón de euros para os organizados polos concellos, a área de Cultura da Deputación da Coruña, dirixida pola nacionalista Goretti Sanmartín, sitúase á cabeza das institucións que apoian os festivais de música, artes escénicas e audiovisuais. Á cantidade sumarase en breve a destinada aos organizados por entidades sen ánimo de lucro, o cal ampliará aínda máis a distancia no apoio económico prestado a respecto doutros organismos públicos do ámbito cultural. 

O Curtocircuito de Santiago e o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, con 90.000 euros cada un,  son os dous festivais que reciben unha cantidade maior na liña de axudas a festivais da área de Cultura da Deputación da Coruña que, nesta edición, apoia vinte e cinco eventos organizados na provincia. En total son 518.187,14 € os que a área de Cultura destina a festivais organizados por concellos o que a sitúan, con diferenza, na institución que máis apoia o que se consideran especiais escaparates ao vivo para a música, artes escénicas e producións audiovisuais. 

Esta cantidade, que a área de Cultura achega a festivais organizados por Concellos, e da que hoxe se publica no BOP a resolución provisional, verase duplicada cando nuns días se resolva a liña de axudas para os organizados por entidades. “Supón unha aposta clara polos festivais, tanto organizados polos concellos como os de entidades, como escaparates da nosa cultura, dinamizadores culturais e eventos de vital importancia para o sector da cultura”, explica a deputada de cultura e vicepresidenta polo BNG da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín. 

“O esforzo deixa á vista o noso compromiso cos festivais como eventos culturais mais tamén recursos turísticos de primeiro nivel e cunha importante repercusión económica para os concellos”, sinala Goretti Sanmartín. 

Festivais como Cineuropa, Rock in Cambre, Festival Carballo Interplay , Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, Festival Desordes Sonoras, Mostra de Teatro de Cariño, Traz Outro Amigo Também de Cedeira, Fartar de Arteixo ou Val de Rúa de Betanzos son algúns dos vintecinco beneficiarios da liña de axudas para concellos en concorrencia competitiva seguindo criterios obxectivos como traxectoria, impacto social, número de edicións ou presenza de grupos, bandas e producións galegas. En poucos días darase a coñecer a resolución de axudas para festivais organizados por entidades, co que a Deputación da Coruña achegará un millón de euros só para os celebrados na provincia. 

Curtocircuito 2017 (Santiago)
90.000,00 €
XXXI Cineuropa (Santiago)
72.000,00 €
Cinema Crianza 2017 (Ames)
18.284,10 €
Fartar 2017 (Arteixo)
4.336,73 €
Festival do Queixo 2017 (Arzúa)
26.748,50 €
XVIII Festival Folk Guísamo (Bergondo)
6.720,00 €
Vai de Rúa 2017 (Betanzos)
2.706,17 €
Rock in Cambre 2017 (Cambre)
26.250,00 €
Festival Carballo Interplay 2017 (Carballo)
33.174, 96 €
Mostra de Teatro de Cariño (Cariño)
17.577,07 €
Traz outro amigo tambem (Cedeira)
2.019,91 €
Festival de Blues (Fisterra)
2.929,50 €
Festimaxia Lousame II (Lousame)
3.150,00 €
Noite de Bolos (Neda)
3.111,57 €
IV Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia)
5.692,50 €
XVIII Mostra Curtametraxes Vila de Noia (Noia)
47.950,00 €
Oleiros EXT-Cenico (Oleiros)
2.257,50 €
VI Festival Desordes Sonoras (Ordes)
4.827,90 €
Festial Internacional do Mundo Celta 2017 (Ortigueira)
90.000,00 €
Festival de Jazz de Rianxo (Rianxo)
5.384,19 €
Rois arrasa (Rois)
1.575,00 €
Chanfaina Lab (San Sandurniño)
6.019,63 €
Asalto ao Castelo (Vimianzo)
19.668,53 €
Galicreques (Consorcio As Mariñas)
4.515,00 €
Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (Narón)
21.288,38 €
TOTAL
518.187,14 €
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG