Compañeiro Bautista, na nosa memoria SEMPRE!

Bautista Álvarez. Foto: GH
Bautista Álvarez. Foto: GH

O BNG expresa a súa máis profunda condolencia polo pasamento do compañeiro Bautista Álvarez e transmite o seu apoio e afecto á familia, amigos/as  e a toda a familia nacionalista.

O BNG lamenta o falecemento de Bautista Álvarez, histórico dirixente  nacionalista e referente do nacionalismo contemporáneo. O BNG quer salientar o importante papel do compañeiro Bautista Álvarez  como grande patriota e  loitador pola independencia nacional.

Bautista Álvarez, dirixente de firmes conviccións patrióticas e de sólida formación marxista, as súas achegas foron fundamentais para ir conformando as análises e alternativas políticas do nacionalismo contemporáneo. Bautista Álvarez foi  Deputado no Parlamento galego durante as Lexislaturas III,IV,V e VI. e  un dos principais impulsores da reorganización nacionalista que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do pobo galego e que o fixo con lucidez, determinación e coherencia, ata o final.

ACTO POLÍTICO DE DESPEDIDA A BAUTISTA ÁLVAREZ

Acto político de despedida a Bautista ÁlvarezActo político de despedida a Bautista ÁlvarezActo político de despedida a Bautista Álvarez

Acto político de despedida a Bautista Álvarez

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG