A comisaria de transportes traslada ao BNG que o caso Alvia segue aberto para o executivo da UE

Ana - Bulc - 04.04.17
Ana Miranda e Violeta Bulc (Comisaria de Transportes)
  • Bulc comprométese con  Miranda   a un segundo encontro para facer seguimento do caso

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, amosa a súa satisfacción trala xuntanza coa comisaria europea de  Transportes, Violeta Bulc na sede da Eurocámara en Estrasburgo, na que a responsable comunitaria confirmou que, a efectos do Executivo europeo, o caso da traxedia do  Alvia permanece aberto.

Neste encontro, Miranda trasladou á comisaria a petición de apertura dun procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da normativa comunitaria en materia de seguridade ferroviaria. En concreto, a portavoz nacionalista en Bruxelas fixo referencia a que “nin Renfe nin ADIF verificaron os sistemas de seguridade de circulación, nin elaboraron o análise de riscos de todos os sistemas da liña 082”.

A falta dos necesarios mecanismos de seguridade na vía foi o principal elemento que provocou a maior traxedia ferroviaria en Galiza, con 82 mortos e máis de 140 feridos. “Este tren non debería terse posto en marcha”, indicou Miranda que avanzou a disponibilidade da comisaria Bulc a manter unha segunda reunión para facer un seguimento sobre este asunto.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG