- Na réplica á intervención de Feijóo, a portavoz do BNG, Ana Pontón afirmou que o BNG vota en contra da investidura do candidato do PP porque “non nos representa e non hai ningunha razón que nos leve a traizoar o noso programa e as persoas que nos votaron"
A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón iniciou a sesión plenaria do debate de investidura do candidato do PP, Núñez Feijóo á presidencia da Xunta anunciando o voto en contra porque “non nos representa” e pediu que na vindeira lexislatura “ non se asfixie a democracia cunha maioría parlamentaria que impida que a oposición controle ao Executivo”.
Ana Pontón iniciou a súa intervención lamentando que a Núñez Feijóo lle moleste falar de “violencia machista”, como o propio candidato do PP denominou no debate da mañá á violencia de xénero. Neste sentido, a deputado volveu a reclamar por Lei recoñecer a violencia de xénero como “feminicidio” porque é, remarcou, “o que realmente está pasando neste país”, e recriminou a Feijóo que un problema que pon en perigo a seguridade das mulleres non merecera “un apartado específico” na súa intervención como candidato á presidente. Pontón criticou que Feijóo non fora capaz de nomear “algunha medida” posta en marcha polo seu goberno. Si existen axudas para as vítimas de violencia de xénero, apostilou a nacionalista, é porque no ano 2009 durante o goberno bipartito púxose en marcha unha lei que garanten esas axudas. Ana Pontón tendeu a man a calquera grupo ou iniciativa encamiñada a buscar solucións e alternativas ante a insuficiencia de medidas insuficiencia de medidas para loitar contra “este feminicidio”. Neste sentido, engadiu que hai que “revisar o marco” e poñer en marcha recursos, prazos e obxectivos. A portavoz nacionalista retou a Feijóo a comprometerse a poñer fin ao financiamento a centros que segregan ao alumnado por sexo.
Primeiro Galiza, un slogan para Feijóo
A deputada asegurou que durante oito anos, Feijóo perdeu a oportunidade de demostrar con feitos que o “ primeiro é Galiza” e non un slogan propagandístico. Vostede, dixo, antepón os intereses do seu partido aos intereses de Galiza como aconteceu coas caixas de aforro paralizando unha lei para blindar ás indemnizacións e aos directivos desas entidades financeiras. Outros territorios como Cataluña ou Euskadi mantiveron o seu sistema financeiro mentres vostede era “cómplice” da venda de Novagalicia Banca, a través dun proceso ruinoso, está disposto a que investiguemos esa venda? preguntou.
Financiamento
Sobre esta cuestión, a portavoz do BNG recriminou que Feijóo que pretenda manter o mesmo modelo en troques de defender “unha autonomía plena e unha facenda galega propia”. Quere continuar co actual status quo que lle permite a Montoro decidir o que se recorta en sanidade, educación o en dependencia en Galiza. “Para cambiar o modelo de dependencia terá tendida a nosa man pero para manter un modelo ruinoso para o noso país, non conte con nós”.
Emigración
Pontón lamentou que Feijóo minimice o grave problema da emigración polo que volveu a reclamar o retorno dos galegos e galegas que durante a última lexislatura tiveron que “coller as maletas” para buscar traballo fora, “100.000 persoas menores de 35 anos da poboación activa”, tiveron que marchar pola falta de oportunidades e se vostede “non o ve é porque quere negar esta realidade”.
Plan eólico
A nacionalista afeou a promesa de crear 100 mil postos de traballo formulada polo candidato do PP no debate de investidura e amosou dende a tribuna información oficial da propia Xunta na que Feijóo anunciaba que coa resolución da Xunta sobre o eólico haberá un plan industrial cun investimento de 6.000 millóns de euros e 12.000 empregos, onde está este emprego Sr. Feijóo?. Ourense acollerá unha fábrica de vehículos eléctricos que acollerá un millar de empregos, onde están eses empregos que vostede prometeu volveu a preguntar. Estas falas promesas fan que “non teñamos ningún motivo para acreditar na súa palabra”.
Feijóo non fala da AP-9
A portavoz do BNG criticou “o silencio” de Feijóo sobre a transferencia da AP-9 da que dixo, “hai moitas persoas que non poder permitirse o luxo de ir pola AP-9 e deben ir por vías máis inseguras”. Ante “o plantón do Goberno do Estado a Galiza, vostede ponse de perfil” polo que retou a Feijóo como “militante de Galiza” a poñer en marcha “un gran acordo” para rematar coa estafa da AP-9.
Ana Pontón tamén preguntou se o candidato á presidencia da Xunta defenderá a prorroga a ENCE ou vai a defender as súas directrices do territorio que expulsaban a pasteira da Ría de Pontevedra.
A portavoz do BNG concluíu a súa intervención instando a Feijóo a “amar a lingua galega, a apropiarse dela todos os días da súa vida” e se é así, levante a prohibición de impartir as matemáticas no noso idioma. Quere un pacto polos servizos públicos? rescatemos entón a sanidade pública comezando polo hospital de Vigo, remate cos repagamentos, repoña ao profesorado e médicos que recortou e dote de fondos a lei da dependencia porque “se non hai crise, por qué hai recortes”.