Parlamento Galego

O BNG ve nos incumprimentos da Xunta co naval a proba de que carece de estratexia para o sector

Cyqo3tyWQAAxTit

A portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas, reprochou ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, os reiterados incumprimentos do goberno con naval galego, que interpreta como reflexo evidente de que a Xunta “carece de estratexia para o sector”, ao que usan como “parte das campañas electorais do PP, igual cos mitins”.

Desas promesas electorais apenas quedan nada nos estaleiros galegos, tanto dos de Navantia en Ferrolterra, como para os da Ría de Vigo. “14 remolcadores, 2 quimiqueiros, 3 buques tanque, 1 atuneiro, base loxística de Punta Langosteira e un segundo flotei que agora se apraza pola crise da petroleira mexicana”, lamentou Presas, foron parte das promesas incumpridas do PP, que tamén deixaron en nada os miles de empregos anunciados polo propio Feijóo.

O BNG demanda da Xunta o cumprimento da Lei do naval de Galiza que, no caso dos estaleiros de Navantia, lle permitirían ao Executivo galego sentarse nos consellos de administración e participar na toma de decisións. Presas criticou a falta de estratexia para o sector naval e, na súa interpelación na Cámara, lembroulle ao responsable de Industria que se trata dun sector clave para a economía do país, tamén en termos de creación de emprego. “Por cada posto de traballo directo que se perde no naval, pérdense tres indirectos”, alegou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG