O BNG urxe un novo status de nación para Galiza e superar un estatuto que non dá solucións ao país

Acto pola República Galega
Acto pola República Galega

Ana Pontón: “Nada se pode esperar dunha reforma da Constitución impulsada polo tridente do 155. Serán as nacións sen Estado as que abran unha fenda democrática a favor da igualdade, da xustiza e dos dereitos”

Acto pola soberanía de Galiza e de recoñecemento dos deputados do Bloque expulsados do Parlamento en 1982 por non acatar a Constitución

O BNG urxe un novo status de nación para Galiza e superar un estatuto que non dá solucións ao país

O BNG celebrou un acto de reivindicación da soberanía de Galiza e de homenaxe aos tres deputados nacionalistas, -Lois Diéguez, Claudio López Garrido e Bautista Álvarez-, expulsados do Parlamento por negarse a xurar a Constitución, cuestionando xa en 1982 un marco institucional herdado do réxime do 78, que 39 anos despois a formación nacionalista no só critica senón que ve imprescindible superar porque, lonxe de solucionar, agudiza os problemas do país.

Con este obxectivo, o BNG urxe a todas as forzas políticas a dar un paso adiante e anuncia que trasladará este debate á Cámara de xeito inmediato.

Lois Diéguez“É un debate que non pode agardar, e como corremos o risco real de quedar atrás,  imos propoñer no vindeiro pleno do Parlamento que articulemos unha ponencia con dous obxectivos claros: Abordar a crise do réxime do 78 e dunha autonomía autoanémica e elaborar unha proposta de novo status de nación para Galiza”, explicou, asegurando que o obxectivo é “evitar que Galiza baixe do tren das nacións mentres outros avanzan”.

A dirixente do Bloque confía en que o resto das forzas políticas estean a altura do momento e, sobre todo, que o PP “non sexa un freo para un debate imprescindíbel para construír un país con máis oportunidades, onde ninguén quede atrás”. Neste sentido, Pontón  instou ao presidente da Xunta “a poñer Galiza por diante dos intereses do PP” para darlle a volta a unha situación na que “o seu partidismo e  complexo con Madrid conducen a Galiza á irrelevancia absoluta”.

Acto pola República GalegaUnha irrelevancia que non deixa de dar malas novas ao país: recorte nos investimentos do Estado, retrasos no AVE, subida das peaxes, espolio enerxético, supresión do sistema financeiro,... “Desde que Feijóo ten maioría absoluta todo son malas novas, por non ter, non  temos nin choiva”, ironizou.

De cara a ese debate imprescindible, o BNG presenta as Bases Democráticas, “proposta aberta para dialogar co conxunto da sociedade, que parte do recoñecemento de Galiza como nación, e representa a aposta para avanzar e deixar atrás os corsés constitucionais e estatutarios”, explicou ante medio milleiro de militantes e simpatizantes nun acto que tamén foi de recoñecemento dos deputados nacionalistas expulsados do Parlamento.

“Tres persoas valentes que deron a cara en momentos complexos e difíciles, Lois, Claudio e Bautista encarnan a dignidade dun país que nin se resigna nin obedece, que non baixa a cabeza. Mil veces grazas pola voso compromiso coa nación, coa democracia e coa liberdade”, proclamou Pontón, quen reafirmou a necesidade que Galiza ten  do nacionalismo, “máis ca nunca”.

_XSM1553A fraude da  Constitución

O tempo deu a razón ao BNG pois hoxe é evidente que “a Constitución foi o froito dunha transición fraudulenta, (...), dun pacto de silencio, dun acordo entre o vello réxime franquista, do exército e da esquerda española que nunca foi aceptado polo nacionalismo galego porque non aceptamos a impunidade dos crimes fascistas, á monarquía, nin a negación de que Galiza ten dereito a decidir”, subliñou Pontón, ao tempo que criticou o papel “lexitimador” desa “historia edulcorada da transición” que xogou a esquerda española.

“Nós non nos trabucamos de bando no 78. No 2017 tampouco. Outros equivocáronse hai 40 anos e volven facelo agora ao pensar que o problema é Cataluña, Euskadi e Galiza e non ver que o problema é esa idea desfasada dunha España una, grande y libre. E equivócanse de novo ao non ver que con posicións como as que manteñen, lonxe de ser parte da solución son parte do problema”, argumentou.

_XSM1361Do Tribunal de Orde Pública á Audiencia Nacional

En moitos ámbito a transición non foi máis que mero continuísmo, como na cúpula militar, eclesiástica ou xudicial: “Pechouse o Tribunal de Orde Publica e ao dia seguinte seguía exactamente igual, só cambiaron o letreiro, onde dicía Tribunal de Orde Publica, agora di  Audiencia Nacional, que como podemos ver estes días segue cumprindo a mesma función e ten a mesma independencia que tiña o tribunal franquista”, denunciou.

Pontón deixou claro que nada se pode esperar dunha pretendida reforma constitucional nin por parte do vello bipartidismo, nin por parte do “tridente do 155”, en relación a PP, PSOE e CDs. “Alguén pensa que se pode esperar algo dos que puxeron en marcha as contrarreformas laborais, a lei mordaza, antepuxeron a banca ás persoas ou pactaron a aplicación do 155”, interpelou.

Acto pola República GalegaAspiracións nacionais

“Nin vai solucionar os déficits democráticos nin moito menos colmar as aspiracións nacionais de Galiza”, advertiu, porque “a reforma da Constitución é o comodín dos partidos estatais para frear as aspiracións das nacións sen estado”. Por contra, o necesario cambio de réxime só pode vir fuxindo do centralismo. “Temos que ser as nacións sen estado ás que abramos unha fenda democrática a favor da igualdade, da xustiza e dos dereitos”.

A dirixente do Bloque animou a superar un marco delimitado por unha Constitución e un Estatuto “que lonxe de solucionar os problemas estruturais do país están contribuíndo a agudizalos”. Por iso, urxe un novo marco, para desde nós e para nós “construír un poder político propio e levantar un muro de contención contra os recortes, os agravios e as discriminacións”, salientou Pontón. “Temos todo por ganar se confiamos en nós mesmas e exercemos como galegos e galegas”, concluíu, tras un acto que tamén contou coa emotiva participación de Lois Dieguez.