O BNG traslada o seu apoio e solidaridade aos presos palestinos en folga indefinida desde o 17 de abril

5716930060_147e7a5638_o

A situación de precariedade que sofren os presos políticos palestinos nas cadeas de Israel provocou que o pasado 17 de abril máis de 5000 presos palestinos, dun total de 7200, iniciaran a maior folga de fame indefinida vivida na Palestina ocupada. A folga é a resposta ás condicións inhumanas e indignas que sofren e ao trato inhumano e degradante, ás torturas, a falla de asistencia médica básica e prohibición de visitas de familiares, de acceso a poder estudar, á escasa ou nula comunicación cos seus avogados, ás punicións colectivas e internamento en celdas de aillamento e chantaxes sistemáticos a menores e persoas con doenzas, condicións pésimas e torturas sistemáticas. Dende 1967, 200 prisioneiros morreron por este tipo de violencia carcelaria, situación denunciada por organizacións de dereitos humanos internacionais e israelitas como Breaking The Silence (BTS).

A folga, liderada polos deputados Marwan Bargouthi, membro do Comité Central de Al Fatah, que lidera esta folga, e Ahmad Saadat do FPLP, ambos presos, quere denunciar ao mundo o sistema inhumano de ocupación e apartheid de Israel. Os voceiros dos presos en folga denuncian o maltrato e a tortura e esixen a fin do isolamento e as detencións administrativas, sen cargos nin xuízo, que teñen como finalidade degradar ao Pobo Palestino, vulnerar os seus dereitos como pobo e como persoas.

O BNG traslada a súa solidaridade e apoio a esta folga de fame e fai un chamamento á sociedade galega a sumarse a denunciar esta situación e a solidarizarse con estas persoas que están xa no día 17 de folga de fame, facendo perigar súas vidas, “na forma de protesta máis pacífica de resistencia”, como afirmou Bargoutti. O BNG pide continuar a presión internacional, tamén desde Galiza, coa campaña do BDS, Boicote aos productos de Israel e súmase á denuncia internacional polas gravísimas condicións das cadeas en Israel, polas vulneracións dos dereitos das e dos Palestinos e pola situación de ocupación ilegal que aplica o Estado sionista sobre os lexítimos donos da Terra Palestina.

O BNG trasladará este apoio a Misión Diplomática de Palestina no Estado español, ao Goberno Palestino, aos partidos políticos palestinos cos que ten relación, a BDS Galiza e presentou asimesmo iniciativas de denuncia no Parlamento Europeo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG