O BNG súmase á conmemoración dos 180 anos do nacemento de Rosalía agasallando libros e caraveis

Ana Pontón agasalla con libros e flores
Ana Pontón agasalla con libros e flores
  • A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reivindicou a “figura feminista, defensora da lingua galega e loitadora contra  a discriminación de Galiza” e demandou da Xunta incluír no calendario escolar a conmemoración  da autora galega máis internacional  acompañando a efeméride dun traballo a redor da súa figura e obra en todos os centros educativos

O BNG sumouse hoxe a conmemoración dos 180 anos do nacemento de Rosalía nun acto na praza de Vigo de Santiago de Compostela, próxima a casa na que viviu a poeta nacional galega.

A portavoz do BNG, Ana Pontón destacou a importante pegada  como “feminista, defensora da lingua galega e loitadora contra a discriminación de Galiza que viña padecendo polo Estado español” e afirmou que  “aínda queda moito por restituír e devolverlle a Rosalía todo o que ten feito por Galiza”.

Dende o BNG, dixo Pontón “demandamos da Xunta de Galiza un maior compromiso para a divulgación, coñecemento e actualización da obra de Rosalía” e propuxo incluír no calendario de conmemoracións do curso escolar a figura da poeta galega acompañado dun traballo a redor da súa figura en todos os centros educativos.

Acto conmemorativo 180 anos nacemento Rosalía“Non podemos entender que no calendario escolar apareza o día dos dereitos dos consumidores e o Partido popular negue incluír o día de Rosalía con entidade e solvencia e destinado a un maior coñecemento da nosa poeta”, apostilou a nacionalista.

Pontón tamén se referiu ao problema do Panteón de Galegos Ilustres baixo a titularidade da Igrexa católica cando na súa orixe naceu como “un símbolo de Galiza, laico e de uso civil”. Por parte do goberno galego,e ngadiu non hai interese para establecer o Panteón como ese “espazo laico” onde todos e todas poidamos honrar a Rosalía e outras figuras ilustres como Castelao. O BNG seguirá demandando un Panteón galego con titularidade pública.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG