BNG e servizos de emerxencias reclaman medidas para que non se repita o “caos” do 15 de outubro

Ana Pontón e Susana Camba
Ana Pontón e Susana Camba

Demandan un mando único para a xestión das situacións críticas e un Mapa de emerxencias por isócronas

A portavoz nacional e do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón mantivo  hoxe un encontro con representantes do dispositivo contra incendios e emerxencias, SEAGA,APRODIGA E 112 para abordar diversas medidas encamiñadas a mellorar os servizos en situacións críticas como a producida o 15 de outubro polos incendios.

Pontón manifestou a necesidade de poñer en marcha “un mando único” á hora de xestionar as emerxencias para que non se volva a repetir a “situación caótica” do 15 de Outubro coa vaga de lumes.

No encontro, no que tamén participou o deputado , Xosé Luís Rivas, os representantes dos servizos de emerxencias trasladaron ao BNG  a necesidade dun Mapa de Urxencias por isócronos, segundo afirmou, a traballadora do 112, Susana Camba, “para atender aos galegos e galegas en función de onde estean situados de verdade e non en función da súa situación política”.

A preguntas dos xornalistas sobre a participación dos diferentes colectivos e formación políticas como integrantes da Mesa de Emerxencias, a portavoz nacionalista afirmou non ter recibido no grupo parlamentario do BNG ningunha solicitude para asistir e recalcou que os propios traballadores e traballadoras  denuncian “a regresión”  nos diferentes dispositivos de emerxencias. Despois da  xestión do accidente de Angrois, dixo, “foron eliminados algúns instrumentos que permitían a coordinación”, entre os que destacou o acceso á resposta das emerxencias. Durante a crise dos incendios, remarcou,  “os traballadores e traballadoras tiveron que recorrer  a wasaps  para coordinarse”.

Todas as medidas para mellorar os servizos de emerxencias serán benvidas, engadiu a nacionalista, e criticou que o goberno de Núñez Feijóo fragmentara o servizo que, ao seu xuízo, provocou un “retroceso” ao volver    a unhas brigadas municipais de extinción ineficaces. Está ben que se convoque unha Mesa de Emerxencias pero sería bo coñecer “a vontade política do goberno” e a súa disposición a  “recoñecer os erros e responsabilidades” e sobre todo, se vai mudar todo aquilo que non está a funcionar.

O servizo de emerxencias é un servizo “sensible” que traballa para protexer ás persoas e nos últimos tempos, “non se mellorou a prestación destes servizos”, mesmo se está a dificultar a súa  coordinación. Neste sentido, culpabilizou ao presidente da Xunta, Aberto Núñez Feijóo e ao vicepresidente Alfonso Rueda da situación “caótica” pola falta  de coordinación provocada nos servizos de emerxencias en Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG