O BNG salienta a faceta humana e política de Domingos Merino, “un dos bos e xenerosos”

Domingos Merino. Foto Sermos Galiza
Domingos Merino. Foto Sermos Galiza

O BNG traslada as súas sentidas condolencias a familiares e amigos de Domingos Merino, e a toda a familia nacionalista, e salienta a enorme calidade humana e política de quen foi o primeiro alcalde nacionalista da Coruña e un referente na defensa dos dereitos do pobo galego.

“Home dialógante, sereno e honesto, un galego de nación que amou e defendeu ao seu país”, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, quen traslada todo o recoñecemento do Bloque a este político nacionalista do barrio coruñés de Montealto, “un dos bos e xenerosos”.

O BNG tributoulle homenaxe cun acto celebrado en 2014 na Coruña con motivo dos 35 anos da súa chegada á Alcaldía. Lembra o seu papel democratizador no concello coruñés abrindo as súas portas á participación cidadán facilitando a súa asistencia con plenos vespertinos, e foi pioneiro tamén na utilización da lingua galega no Pazo de María Pita. Só a formación nacionalista, daquela baixo as siglas BN-PG, estivo ao seu carón cando o acoso dos poderes fácticos lle arrebataron a Alcaldía.

A formación nacionalista lembra o seu papel como deputado do BNG durante a V e VI lexislaturas e salienta o traballo realizado por este país, un deses políticos que sempre actuou en defensa do interese colectivo, con honestidade e rigor, para conseguir unha Galiza orgullosa do seu pasado e que con futuro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG