O BNG reclamará a transferencia a Galiza do FEVE

Ana Pontón comparece ante os medios de comunicación co deputado do BNG  Mini (1)
Ana Pontón e Mini en San Sadurniño
  • Na súa visita aos concello da comarca de Ferrolterra, San Sadurniño e Moeche, a portavoz nacionalista salientou a urxencia dun plan de mobilidade comarcal e anunciou que o BNG reclamará a transferencia a Galiza do FEVE

A portavoz do  BNG, Ana Pontón e o deputado por A Couruña, Xosé Luís Rivas, (Mini) visitan  concellos de San Sadurniño e Moeche onde manterán ao longo do día diversos encontros con responsables do sector industrial e colectivos sociais.

Ante os medios de comunicación, Ana Pontón salientou o traballo do BNG en dous concellos do interior gobernados polos nacionalistas, Secundino García e Beatriz Bascoy e que padecen problemas de despoboación e falta de atención, “tanto por parte da Xunta como do Goberno central”. Neste sentido, denunciou as   dificultades de mobilidade que centrou en tres ámbitos: “ O retraso de 16 anos na vía de alta capacidade da costa, a situación do FEVE, estrutura fundamental para vertebrar toda a zona Norte e que o Estado está a desmantelar e  o transporte de viaxeiros por estrada na ruta Ferrol-Ortigueira con servizos deficientes que non cumpren ningunha función”.

Ana Pontón reclamou  un plan de mobilidade para a  comarca que aposte por establecer prazos para a execución da vía de alta capacidade e a  transferencia do FEVE a Galiza.

A parlamentaria do BNG reiterou que para a mobilidade na comarca resulta imprecindible o FEVE pero o Goberno do Estado non ten “intención de modernizalo, máis ben quere desmantelalo” e dende o BNG, recalcou, queremos a súa transferencia. Estamos vendo, explicou, como en Asturias aproveitaron o FEVE para a súa vertebración territorial e resulta inaceptable que nesta comarca teñamos unha vía que o Estado quere desmantelar.

Visita á Horta de consevación de foritas autóctonasSen partida nos orzamentos para o 2017

A parlamentaria nacionalista lembrou que o ano pasado foron anunciados 12 M€ que, posteriormente o Estado eliminou para non “investir nada na liña do FEVE” polo que reiterou que o BNG reclamará, a través de emendas aos orzamentos, que haxa un plan para que todo o mundo teña acceso a un servizo de autobús que resolva os problemas de illamento e das persoas maiores sen posibilidade real de contar cun coche particular ou unhas vías para poder desprazarse.

Ana Pontón insistiu na responsabilidade da Xunta “no abandono desta comarca” e das vías de comunicación  así como as promesas incumpridas coa moderniación do FEVE. “O goberno galego está deixando esmorecer unha importante parte do noso país que necesita ter un plan de mobilidade racional e a altura do século XXI”.

Pontón visitou en San Sadurniño a Horta de conservación de Froitas autóctonas onde asinou o manifesto a prol da preservación, difusión e comercialización das variedades autóctonas e comprometeuse a levar ao Parlamento galego unha proposta para potenciar as froiteiras autóctonas.

Asemade, a portavoz do BNG  na súa visita aos concellos de San Sadurniño e Moeche visitará ao longo do día o Centro de Municipal de empresas, a Escola infantil “A Rolada”, o  recinto feiral e a empresa lácteos de Moeche. Finalmente, a  nacionalista participará ás 19.30hs nun acto político no Local Social de Naraío, San Sadurniño.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG