Parlamento Galego

O BNG reclama no Parlamento equiparar as horas lectivas en galego ás que se imparten en castelán

16320432868_a5a68210f8_k
Manifestación Queremos Galego

O BNG súmase ás demandas da comunidade educativa e reclama equiparar as horas lectivas en galego coas que se imparten en castelán a través de varias iniciativas que defenderá no Parlamento, para evitar a discriminación da lingua propia no ensino secundario, tanto nas materias aplicadas como nas académicas, en concreto, segundo os datos facilitados polo sindicato CIG, 23 horas menos.

A portavoz en Educación, Olalla Rodil, considera que estes datos son o reflexo “de implantar unha lexislación lesiva para o galego”, ao que se suma o incumprimento da Lei de normalización lingüística. Por iso, demanda na Cámara a derrogación do decreto 79/2010 que impide impartir en galego materias como matemáticas, tecnoloxía ou física e química, que se cumpran a mencionada lei así como o Plan xeral de normalización lingüística.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG