O BNG reclama convocatoria de eleccións nas cámaras agrarias que non se celebran desde 2002

O BNG reclama convocatoria de eleccións nas cámaras agrarias que non se celebran desde 2002

O portavoz parlamentario de Agricultura Xosé Luís Rivas reclamou á Xunta que leve a cabo as medidas necesarias para que se celebren eleccións sindicais no medio rural para actualizar a representación nas distintas entidades agrarias representativas, que levan sen convocarse desde fai 15 anos.

Na iniciativa defendida no Parlamento, Rivas tamén fixo referencia ao feito que desde a última convocatoria de eleccións sindicais, en 2002, hai novas organizacións no medio rural, como é o caso de FRUGA ou a Organización Rural Galega Agroforestal “que non teñen interlocución normalizada co Goberno  nin cos órganos consultivos”.

En concreto a Federación Rural Galega, sinala o BNG, presentou candidatura a tres consellos reguladores pero a súa candidatura foi vetada, razón pola que a formación nacionalista tamén reclama da Consellería de Medio Rural que recoñeza a FRUGA e a outras organizacións representativas para que podan ter garantida a súa presenza en todos os órganos consultivos, participación e asesoramento.