O BNG reclama que os beneficios das centrais do Xallas se invistan en crear emprego na Costa da Morte

Marcha contra segración das centrais do Xallas
Marcha contra segración das centrais do Xallas

Ana Pontón lamenta a reacción de “chantaxe e amezas” de Ferroatlántica “propia de que consideraba que Galiza era a súa finca particular”

O BNG reclama que os beneficios das centrais do Xallas se invistan en crear emprego na Costa da Morte

A portavoz nacional, Ana Pontón,  reiterou a súa satisfacción polo resultado da mobilización social e política que impediu o espolio das centrais dos ríos Xallas e Grande, “un triunfo da mobilización que demostra que cando nos unimos arredor dunha causa xusta hai éxito”.

En todo caso, a dirixente do Bloque expresou as súas cautelas ata coñecer o informe completo da Xunta, que pide sexa remitido ao Parlamento canto antes, confiando en que a resolución “blinde” ás centrais ante calquera intento de venda ou de espolio por parte da dirección da multinacional, cuxa resposta á decisión do Executivo cualifica de “lamentable”.

“É a propia de quen considera Galiza como a súa finca particular e reacciona con ameazas e chantaxes cando non se lle permite unha venda ilegal”, salientou tras lembrar que Villar Mir é un nome recorrente nos casos de suposta corrupción do PP investigados pola Xustiza.

Logrado evitar o espolio das centrais, Pontón considera que é o momento de que todas as forzas políticas esixan “con convicción” que as plusvalías da explotación dos nosos recursos públicos queden en Galiza.

“Teñen que reverter na modernización das plantas de Ferroatlántica na Costa da Morte e en crear emprego, e non como ata agora porque durante décadas os beneficios obtidos pola explotación dos ríos Xallas e Grande se investiron fora do país e serviron para construír urbanizacións en Madrid”, concluíu.