O BNG reactiva a transferencia da AP-9 logo de que o Constitucional limitase a capacidade de veto do Goberno

Cargos institucionais do BNG pola transferencia da AP-9
Cargos institucionais do BNG pola transferencia da AP-9

Presentará unha nova proposición de lei para pedir a xestión para Galiza mentres espera que o alto tribunal resolva o recurso presentado polo Bloque

O BNG avanza que vai reactivar no Parlamento o debate sobre a transferencia a Galiza da AP-9 despois de que o Tribunal Constitucional tirase por terra o veto do Goberno central a tramitar leis no Congreso, -sobre a LOMCE no caso concreto da sentenza-, apelando a supostos desequilibrios orzamentarios.

A formación nacionalista considera que o criterio seguido polo alto tribunal e perfectamente aplicable no caso da Lei galega de transferencia da AP-9, cuxo debate no Congreso foi vetado pola Mesa da Cámara baixa a petición do Goberno de Mariano Raxoi esgrimindo custes nas contas do Estado, sen ningún rigor e pese a que o Parlamento galego remitiu unha segunda lei de transferencia na que se excluía toda referencia orzamentaria.

O BNG ten presentado un recurso ante o Tribunal Constitucional contra o veto e a favor da transferencia pero, mentres non se resolve e en base a sentenza emitida, volverá activar o debate presentando no Parlamento unha nova proposición de lei para o seu consenso, aprobación e remisión ao Congreso.

Considera que a sentenza do TC abre unha oportunidade para que o PP e o Executivo central rectifiquen con Galiza, tendo en conta que o alto tribunal xa ditaminou que ese tipo de vetos son un abuso de poder por parte do Goberno do Estado, e senta un precedente claro contra a utilización partidista dun recurso que o Moncloa utiliza para paralizar, no caso galego, unha petición unánime e soberana do Parlamento.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG