GALEGAS 2016

O BNG propón o incremento dos orzamentos da Sanidade para dar resposta ás necesidades reais

Vilasánchez (dereita) e Marcos Fdez. esta maña no CHUO
Vilasánchez (dereita) e Marcos Fdez. esta maña no CHUO
O BNG propón o incremento dos orzamentos da Sanidade para dar resposta ás necesidades reais
  • Suso Vilasánchez, número 2 da candidatura por Ourense, presentou as iniciativas do Bloque en materia sanitaria e alertou sobre a política privatizadora do PP.

O BNG traballará para que un goberno alternativo ao de Feijóo mude por completo a política sanitaria imposta pola Xunta durante estes últimos oito anos e proporá un incremento dos orzamentos da Sanidade pública “para dar resposta ás necesidades reais do país”, dixo Suso Vilasánchez esta mañá durante un reparto informativo nas inmediacións do CHUO.

Vilasánchez denunciou a política de privatización da sanidade pública por parte do PP. ”Desde o principio do seu goberno, alá polo 2009, a política de Feijóo é sistemática: quere facer da sanidade un negocio”, apuntou, e sinalou que “nestes anos asistimos a un entorpecemento do servizo, agrandando as listas de espera e desmontando a sanidade pública para levar aos doentes cara a privada”.

O número 2 da lista por Ourense advertiu que o BNG proporá a apertura dos servizos hospitalarios tamén polas tardes, que a prestación do servizo de hemodinámica se amplíe ata 24 horas e acabar coas derivacións de pacientes a centros concertados.