PARLAMENTO GALEGO

O BNG propón destinar o 1% dos orzamentos á políticas contra a violencia machista

Ana Pontón
Ana Pontón
O BNG propón destinar o 1% dos orzamentos á políticas contra a violencia machista
  • A portavoz parlamentaria do BNG,  Ana Pontón  criticou que en toda a lexislatura o Goberno galego non  implementara ningunha nova medida contra o feminicidio

A portavoz  parlamentaria do BNG, Ana Pontón propón destinar o 1% dos orzamentos do ano 2017 para políticas contra a violencia de xénero, a través dunha emenda de totalidade e crear un xulgado especifico neste ámbito  nas sete grandes cidades galegas.

Tras mostrar as condolencias, en nome propio e do BNG  ao deputado do PSdeG, Raúl Fernández polo falecemento  da súa filla nun  accidente de tráfico, Ana Pontón  trasladou o apoio e cariño  á familia e amig@s no día más amargo da súas vidas.

Medidas contra a violencia de xénero

As medidas para loitar contra a violencia de Xénero, dixo Pontón deben ser “unha prioridade” na axenda política,  polo que adiantou algunhas propostas para acabar coa “impasibilidade” ante os asasinatos de mulleres. A violencia de xénero, recalcou “non é unha lacra” é un problema político e social e necesitamos destinar máis medios e recursos así como  “toda a vontade necesaria” para garantir o dereito ás mulleres a poder vivir sen violencia. Resulta “indignante” cada vez que gardamos un minuto de silencio por unha vítima como un día despois comprobamos que “non pasa nada”.

Este mércores, coindicindo coa sesión plenaria,explicou Pontón,  dende o BNG queremos dar un debate profundo e rigoroso e agardamos que o Goberno galego “non se encastele no inmobilismo” porque para loitar contra a violencia de xénero, o inmobilismo e triunfalismo son “inútiles”.

Pontón tamén  lembrou que despois de dez anos das primeiras Leis, na última década producíronse máis de 40 asasinatos de mulleres en Galiza e unha media de 14 denuncias ao día por violencia de xénero. Por outra parte, dixo,  resultan moi preocupantes os datos de violencia contra as mulleres na xente nova, “o 25% de mozas entre 16 e 19 anos considera normal que a súa parella controle as súas relación persoais” e un de cada tres mozos entre 12-24 anos considera que as vítimas de violencia de xénero son “as responsables das agresións machistas”.

A nacionalista destacou que a metade das mulleres asasinadas no ano 2016 presentaran previamente a denuncia e  reclamou máis  xulgados especializados de loita  contra a violencia de xénero, “polo menos 1 nas sete grandes cidades galegas” para que ningunha vítima teña que agardar por un xulgado sentada ao lado do seu agresor. Ademais, engadiu,   os prazos para a celebración de  xuízos deben reducirse. No  que atinxe a prevención, a sensibilización e formación dos profesionais, vemos que existe “un deserto” e que as leis non se desenvolveron. Nós pensamos que cando son asasinadas  mulleres, as institucións deben ser realistas e recoñecer o que funciona mal e  non escatimen en medidas para corrixir a situación.

Todas as leis aprobadas foron necesarias pero debemos facer unha reflexión a fondo e incluír os cambios precisos para ampliar a loita contra a violencia de xénero para rematar “coa impunidade social” que existe en moitos casos.

Dende o BNG reclamos “un pacto galego” contra a violencia de xénero baseado en tres piares: “Máis recursos, ampliar as leis para loitar pola igualdade e dar pasos para desmontar o patriarcado”.

A portavoz nacionalista anunciou que no vindeiro pleno, o BNG solicitará ao goberno que acepte a emenda aos orzamentos do ano 2017 para destinar  o 1% a loitar contra a violencia de xénero e a políticas que favorezan a igualdade de maneira real” ao que sumou a incorporación dunha regulación do feminicidio e o Estado de protección das vítimas do  feminicidio para garantir unha atención integral das mulleres que sofren esta violencia.

 Pontón reclamou mellorar os Centros de Información e a súa eficacia na atención das mulleres afectadas por violencia de xénero e poñer en marcha, no Parlamento galego, unha ponencia galega que fomente a coeducación. As leis, reiterou, hai que revisalas e os medios son insuficientes. O Goberno durante estes anos aplicou recortes na loita contra a violencia de xénero pero nós “non imos estar caladas mentres mulleres son asasinadas no noso país.”