O BNG presenta este mércores ante a ONU a denuncia contra o espolio do Franquismo en Galiza

Ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás

Ana Pontón e Ana Miranda presentarán a denuncia na delegación da ONU en Xenebra

A preguntas dos medios, a portavoz nacional tamén avanzou que este mesmo mércores o BNG presentará unha denuncia ante a ONU contra o espolio do Franquismo en Galiza en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens roubados ao pobo galego, así como ante a impunidade coa que aínda actúa o Franquismo no Estado. Pontón indicou que ela mesma encabezará a delegación que presentará a denuncia ante a delegación da ONU en Xenebra.

“Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os e as galegas case que a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España, porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia”, denuncia.

“É algo que como demócrata me indigna, ver como o Estado español fai a vista gorda fronte a unha fundación que fai exaltación dos crimes do franquismo. Chegou o momento de dicir basta xa e nunca máis franquismo”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG