O BNG pide á Xunta que se sume á iniciativa para devolver Meirás ao patrimonio público galego

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará solicita do goberno galego iniciar accións de  apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego  

O BNG pide á Xunta de Galiza que se sume á iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña,  concellos de Sada e A Coruña, Universidade da Coruña, Iniciativa Galega polo Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público.

Asemade, o  BNG solicita do goberno galego iniciar accións de apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.

O parlamentario do BNG, Luís Bará salienta que a intención das entidades promotoras é crear unha fronte común para conseguir acabar co espolio de Meirás e converter o Pazo  nun ben de titularidade pública. Nesta liña,  o BNG solicitoulle á Xunta de Galiza que se sume a esta iniciativa e  preste o apoio técnico, xurídico e económico necesarios.

Ademais, tamén insta á   Xunta a apoiar  a proposta para o  concello de Sada xestione as visitas ao Pazo. Por outra banda, o BNG reclama do goberno galego  “unha condena pública, firme e contundente”, das declaracións dos representantes da Fundación Franco por apoloxía do franquismo e do ditador. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG